Conferencia: ‘Revoluciones en la computación de altas prestaciones para acelerar el progreso científico’
Data: venres, 29 outubro, 2021 – 12:30 – 14:00
Lugar: Salón de actos del CiTIUS – Microsoft Teams
Relatore: Mateo Valero (Barcelona Supercomputing Center – CNS)
Idioma: Castelán
Transmisión: https://twitter.com/citiususc/status/1453989258709065729?s=20
CiTIUS e CESGA organizan a conferencia do fundador e director do Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC- CNS), Mateo Valero, un dos maiores referentes no campo da supercomputación a nivel mundial. Previamente, ás 10:00 h. Mateo Valero visitará as instalacións do Centro de Supercomputación de Galicia onde coñecerá a evolución tecnolóxica do Centro.
Nas últimas décadas, os sistemas de computación de alto rendemento (HPC) convertéronse en ferramentas esenciais en moitos campos de investigación, como a física do plasma e o desenvolvemento da enerxía de fusión nuclear. Na actualidade, estes “supercomputadores” están a experimentar unha profunda transformación para conseguir computadores na exaescala. Capaces de realizar un quintillón (1018) de cálculos por segundo, os computadores a exaescala debutarán pronto nos sistemas HPC con aplicacións prácticas en todos os campos da I+D, desde a medicina de precisión ata o clima rexional, desde a enerxía ata a ciencia dos materiais, desde a física nuclear e do plasma ata a seguridade nacional. Permitirán aos científicos impulsar descubrimentos nun amplo espectro de campos de investigación e mellorar, tanto a nosa comprensión do mundo, como a nosa experiencia e a nosa forma de vivir nel. Con todo, para explotar plenamente esta enorme cantidade de nova potencia de cálculo, é necesario superar unha serie de retos, tanto desde o punto de vista do hardware como do software.
Esta charla resume a situación actual e as transformacións que se producirán no futuro próximo nos sistemas HPC, incluíndo o seu forte impacto na investigación científica. Ademais de permitir simulacións máis detalladas, ao reproducir a física implicada de forma máis próxima ou incluíndo eventos máis complicados do que foi posible ata o de agora, as transformacións de hardware que están implicadas tamén terán un forte impacto nas formas de programación, o que afectará en gran medida ás tarefas dos investigadores para adaptar os seus códigos a estes novos supercomputadores. Están a realizarse amplos esforzos de investigación no campo da programación para simplificar a explotación destes novos sistemas HPC para os usuarios: por exemplo, permitindo o uso transparente de hardware masivo especializado, como os aceleradores. Ademais, a capacidade de computación masiva permitiu utilizar técnicas como as redes neuronais para problemas do mundo real, dando lugar ao que chamamos Intelixencia Artificial ( IA), para facer inferencias que os humanos nunca teriamos a capacidade de facer. Tamén se están producindo avances significativos na computación cuántica, baseada no uso dos fenómenos da mecánica cuántica para manipular a información, e cun enorme potencial para novas transformacións no campo da HPC. Todas estas técnicas poden axudar, ou nalgúns casos mesmo substituír, ás técnicas clásicas de simulación numérica, permitindo así aos científicos abordar problemas que doutro xeito serían irresolubles, debido á súa complexidade e/ou tempo de cálculo.
Sobre o relator
Mateo Valero, Director do Barcelona Supercomputing Center. Profesor desde 1974 e Catedrático desde 1983, en Arquitectura de Computadores na Universidade Politécnica de Cataluña. A súa investigación céntrase na arquitectura dos computadores e supercomputadores. Publicou aproximadamente 700 artigos, colaborou na organización de máis de 300 Congresos Internacionais e impartiu máis de 700 conferencias. Entre os seus premios, o tres máis importantes a nivel mundial no seu campo: premio Eckert- Mauchly (2007), outorgado polo IEEE- ACM; premio Seymour Cray (2015), outorgado polo IEEE e premio Charles Babbage (2017), outorgado por IEEE. Outros premios internacionais dignos de mencionar son: o “Harry H. Goode” (2009) outorgado polo IEEE, o ACM Distinguished Service Award (2013), o premio “Hall of Fame” no marco do ICT European Program (2008), seleccionado como un dos 25 investigadores europeos máis influentes en IT (Tecnoloxías da Información) e en 2020 o “ HPCWire Reader’s Choice Awards” por “ser pioneiro a nivel mundial en Supercomputación desde 1990 e a forza impulsora detrás do renacemento da independencia europea neste tema”. É Fellow do IEEE (2001), Fellow distinguido de Intel (2002), Fellow do ACM (2002) e Fellow da AAIA, Asia- Pacific Artificial Intelligence Association (2021). Dous premios nacionais de investigación que son: o “Julio Rey Pastor” en Informática e Matemáticas (2001) e o “Leonardo Torres Quevedo” en Enxeñería (2006); premio Rey Jaime I en Investigación Básica da Generalitat Valenciana (1997); “ Creu de Sant Jordi” (2016), outorgado pola Generalitat de Cataluña ; Premio da Fundación Catalá Recerca e Innovación (2006); premio Aragón concedido polo Gobierno de Aragón (2008), “Condecoración da Orde Mexicana do Aguia Azteca” (2018), máxima distinción do Goberno de México a un estranxeiro. É académico constituínte da Real Academia de Enxeñería de España (1994), académico correspondente da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (2005) , académico da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona (2006), académico da Real Academia Europea (2010), académico correspondente da Academia Mexicana de Ciencias (2012), académico correspondente da Academia de Enxeñería de México (2018), académico de honra electa da Real Academia Europea de Doutores (2018), académico da Academia de Gastronomía de Murcia (2018), académico correspondente da Real Academia de Medicina de Zaragoza (2020). É Doutor Honoris Causa das Universidades de Chalmers en Goteburgo – Suecia (2008), Belgrado en Serbia (2008), Las Palmas de Gran Canaria (2009), Veracruz en México (2010), Zaragoza (2011), Complutense de Madrid (2013), Cantabria (2015), Selecta (2015) e CINVESTAV en México (2017). En 1998, foi elixido fillo predilecto do seu pobo, e no ano 2006, a asociación de nais e pais de alumnos de Alfamén, decidiu poñer o seu nome ao Colexio público onde o profesor Valero estudara.