CURSO PRÁCTICO DE PROGRAMACIÓN EN SISTEMAS HETEROXÉNEOS

O Centro Nacional de Competencias en HPC, HPDA e IA, no que participa o CESGA, organiza en colaboración coa Universidade de Cantabria un curso práctico de programación en sistemas heteroxéneos.

O obxectivo deste curso é introducir ao alumno nos conceptos fundamentais da programación de dispositivos de cómputo dotados con GPUs de Nvidia. Para iso, empregaremos a linguaxe CUDA, que permite de forma sinxela aproveitar toda a potencia computacional destes sistemas. Adicionalmente, presentaranse de forma somera as boas prácticas para esta novo paradigma de programación, permitindo desta maneira que o alumno sexa capaz de aproveitar ao máximo o rendemento do seu sistema.

Proponse unha metodoloxía eminentemente práctica, de xeito que o alumno poida traballar persoalmente, co apoio do profesor, os conceptos explicados. Por este motivo, divídese en catro módulos, dous deles de 2 horas cada un, nos que se impartirán conceptos teóricos e os outros dous, de 3 horas cada un, de prácticas de laboratorio.

O curso vai dirixido principalmente a PEMES e start-ups que traballen con grandes cantidades de datos (Big Data) e/o técnicas de Intelixencia artificial, e que necesiten incrementar a súa capacidade de proceso cun pequeno investimento, para non ver limitada a súa capacidade de crecemento e expansión.

O curso celebrarase o 21 e 22 de xullo en Santander.
Duración: 10 h.
Prazas: 40
Lugar de impartición: Aula 11 da Facultade de Ciencias.
Avda. Os Castros, s/n. Santander

Curso Programación en Sistemas Heteroxéneos