O CSIC aborda o desafío computacional do Observatorio SKA para estudar o nacemento das primeiras estrelas
Tres centros do organismo aportaron a súa experiencia en big data para afrontar un dos retos do futuro observatorio, que investigará a fase do Universo na que se formaron as estrelas
Martes, 21 Novembro, 2023
O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), centro mixto do CSIC e a Xunta de Galicia, o Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA) do CSIC e o Instituto de Física de Cantabria (IFCA), centro do CSIC e a Universidade de Cantabria, participaron na última edición dos Desafíos de Datos do SKA (SKA Data Challenges). Estes desafíos están organizados polo Observatorio do Square Kilometre Array (SKAO) para preparar á comunidade científica diante dos novos métodos de análise que requirirán os datos xerados polos telescopios de SKAO.
Unha vez finalice a súa construción, esta infraestrutura superará en sensibilidade e velocidade de observación ás mellores instalacións radioastronómicas existentes, xerando arredor de 16 Terabits por segundos. Construír os telescopios de SKAO e explotar a cantidade de datos que xerarán require de colaboracións internacionais. A participación española no proxecto SKA coordínase desde o IAA.
Máis información na nota de prensa do CSIC.