Día Internacional das Rapazas nas TIC

O día 22 de abril de 2021, no CESGA celebraremos un ano máis o Día Internacional das rapazas nas TIC.

Este ano farémolo exclusivamente mediante  multiconferencia web, debido á situación derivada da pandemia por COVID-19. Teremos a oportunidade de coñecer a varias galegas que nos contarán polo miúdo o que a tecnoloxía pode aportar en diversos campos para mellorar a vida de todos.

Non sabes que é o día das Rapazas nas TIC? É unha celebración a nivel internacional, orientada a motivar ás novas xeracións de mozas para que consideren o ámbito das TIC para o seu desenvolvemento académico, investigador e profesional.  Aquí está toda a información sobre a xornada:

 http://www.ictgogirls.eu