O próximo 27 de abril o CESGA celebra un día repleto de actividades nas que poden participar os centros educativos, para fomentar o coñecemento do mundo da tecnoloxía para as rapazas (sobre todo, pero é para tod@s!) de secundaria. Pola mañá unha charla virtual con 4 investigadoras e tecnólogas galegas, e pola tarde obradoiros de robótica, impresión 3D, Realidade Aumentada, arte en píxel, creación de Booktubes…
Toda a información, na páxina https://e-learning.cesga.es/ictgogirls/gl/dia-de-las-chicas-en-las-tic/ . As prazas son limitadas, non volo perdades, difundide a posibles interesad@s!