Documentación dispoñible do seminario: Novo regulamento Lei de Protección de Datos
O pasado venres 27 de xaneiro, Alvaro Gómez Vieites impartiu o seminario sobre as novidades que presenta o novo regulamento sobre protección de datos e os novos desafíos á privacidade que entra en vigor o próximo 2018.
Álvaro Gómez Vieites é na actualidade profesor asociado da Escola de Negocios Afundación (desde 1996), actividade que compaxina coa consultoría sobre Comercio Electrónico, Márketing Dixital, Sistemas de Información e Seguridade Informática, e a docencia noutras Escolas de Negocios e Institucións (ESEUNE, ESIC-ICEMD, UNED, Cámaras de Comercio, etc.)
Foi Director do Programa Executive MBA e Director de Sistemas de Información e Control de Xestión na Escola de Negocios Caixanova, e socio-consultor das empresas EOSA e SIMCE. Colaborou coa Dirección Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia como Xestor TIC do Plan Galego de I+D+i (2009-2010).
Desde o ano 2000 foi responsable da dirección e execución de proxectos para empresas de diversos sectores, clústers e para a Administración Pública en España, relacionados coa Innovación e a aplicación das Tecnoloxías da Información, o desenvolvemento e implantación de Sistemas de Información, a Seguridade Informática e Protección de Datos de Carácter Persoal, e a formación para directivos e profesionais en temas relacionados coas Novas Tecnoloxías e Seguridade Informática.