O Consorcio do proxecto europeo OUT-DOOR emprega a app Peneira nunha experiencia piloto de investigación educativa
Un grupo de 20 investigadoras e investigadores do proxecto europeo OUT-DOOR (https://www.outdoor-euproject.com/) participaron esta semana nunha experiencia piloto de utilización da app de ciencia ciudadá e escolar “Peneira”, desenvolta pola área de e-learning do CESGA (https://peneira.cesga.es/)
O proxecto OUT-DOOR ten como obxetivo el desenvolvemento dun programa de formación baseado en metodoloxías de aprendizaxe ao aire libre para crear un medio alternativo, atractivo e motivador para conectar cos/as estudantes universitarios/as que están a piques de graduarse e ingresar ao mercado laboral. No proxecto participan, ademais da Universidade de Vigo e a empresa de formación FEMXA, de España, a Universidade de Tecnoloxía de Lodz (Polonia) coordinadora do proxecto, a Universidade de Salento (Italia), a Universidade Tecnolóxica de Kaunas (Lituania), e a Universidade dos Azores (Portugal).
O equipo investigador do proxecto recibiu formación para utilizar a ferramenta, así como explorar as posibilidades de aplicación desta en diferentes contextos. Durante o día 4 de setembro desprazouse todo o grupo ás Cíes para poder realizar unha experiencia piloto de recollida de datos xeolocalizados de forma colaborativa. Esta experiencia será avaliada posteriormente e o seu resultado servirá para mellorar a ferramenta e avanzar no desenvolvemento das súas funcionalidades.
A aplicación Peneira no CESGA enmárcase na súa liña de desenvolvemento e aplicación de tecnoloxía educativa innovadora, que conta con outros exemplos exitosos como o da contorna de computación cloud de “Rede de Escolas na Nube” dirixida a escolas rurais en Europa (http://rsc-project.cesga.es/), ou o desenvolvemento da contorna de xestión e soporte das prácticas de ensino na Formación Inicial do Profesorado do proxecto: EKT (https://ektproject.eu/es/home-espanol/).
Peneira atópase actualmente nunha fase de avaliación e beta limitada. Para máis información escriba ao correo e-learning@cesga.es