Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

(*)Prema sobre as imaxes para velas a tamaño real

  •  RECETGA:

A Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) é unha infraestrutura de conectividade de alta capacidade que proporciona servizos de comunicacións e Internet de alta calidade á comunidade investigadora de Galicia. 

RECETGA está destinada a satisfacer os seguintes obxectivos: 

- Prover servizos de comunicacións á comunidade académica e de investigación en Galicia como son conectividade a Internet, conectividade entre centros, servizos sobre a rede de multicast, IPv6, VPN de nivel 2 ou 3, realización de "testbeds" dedicados a experimentos, etc. RECETGA tamén  facilita o acceso aos servizos ofertados polos propios centros de investigación integrantes de RECETGA (como é o caso de servizos de almacenamento, computación, e-learning e GIS do propio CESGA, a información meteorolóxica de Meteogalicia, contidos didácticos e de investigación de universidades galegas, etc.).
- Prover unha contorna tecnolóxica aberto que posibilite a investigación, desenvolvemento e innovación no campo das comunicacións na nosa comunidade. 
- Favorecer o desenvolvemento da Sociedade da Información e o Coñecemento en Galicia  .

RECETGA creouse no ano 1993 e, despois de sucesivos cambios tecnolóxicos adaptándose ás novas tecnoloxías de transporte e transmisión, hoxe interconecta un total de 43 centros de diferente propósito. Desde o seu nacemento e ata a actualidade foi xestionada polo CESGA. 

  • Centros usuarios: 


Os usuarios de RECETGA inclúen:

  • Centros de investigación e laboratorios da Xunta de Galicia
  • Institutos e laboratorios do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia.
  • Outras institucións de investigación e desenvolvemento públicas e privadas.

Centros adscritos a RECETGA

RECETGA. Listaxe de centros interconectados


Consulte a listaxe actual de centros de RECETGA para información dos centros afiliados.

  • Estrutura:

     

RECETGA é unha rede baseada en fibra escura propia con equipos de conmutación óptica DWDM principalmente, constituindo un semi-anelo pechado pola infraestructura da rede académica de investigación nacional RedIRIS. Os nodos de routing da rede troncal están redundados e ubicados en puntos da rede distantes xeográficamente (Santiago de Compostela e Vigo).  

A continuación mostramos un esquema coa estrutura de ligazóns de fibra que constitúen a rede troncal actual.


Mapa fibra RECETGA
RECETGA. Esquema  da rede de fibra

Dita estrutura de rede foi posible gracias a achega de fondos da Xunta de Galicia e do proxecto de despregamento da rede nacional de investigación RedIris Nova. Devandito despregamento levouse a cabo durante os anos 2010-2012.

Na seguinte imaxe móstrase unha fotografía do equipamento de conmutación óptico DWDM provisto no nodo RECETGA-RedIris Nova situado en CESGA constituído por un equipo Alcatel-Lucent 1626LM. Equipamento óptico DWDM de similares características atópase no resto dos nodos híbridos galegos e nos nodos de RedIris Nova do resto da rede nacional de investigación.

Equipamiento opticoEquipamento de conmutación óptica DWDM dos nodos da rede troncal de RECETGA-RedIris Nova. 

RECETGA interconéctase á rede nacional de investigación, RedIris, a través do seu Punto de Presenza situado no propio CESGA. É RedIris a que proporciona o tránsito á rede de investigación GEANT, quen proporciona conectividade a todas as redes de investigación nacionais (NREN, National Research Network).

O intercambio de tráfico entre a Rede de Ciencia e Tecnoloxía en Galicia e as redes comerciais realízase a través do Punto Neutro español de intercambio de tráfico ESPANIX situado en Madrid. 

Conexiones a través GEANT
Conexiones a traves RedIris
Figura interconexión de redes nacionais a través de GEANT e acceso de RECETGA a través de RedIris.  Interconexión de redes rexionais mediante RedIris. 



Desde o ano 2008, RedIris iniciou un proceso de despregamento de infraestrutura de fibra escura a nivel nacional (proxecto RedIris Nova), do cal é partícipe a Xunta de Galicia a través do CESGA para a súa construción en Galicia. A través de RedIris Nova o CESGA facilita aos seus usuarios o acceso á rede europea de ciencia e tecnoloxía GEANT na actualidade, aínda que se están migrando todas as ligazóns da rede troncal durante o ano 2011 á nova infraestrutura de fibra escura

Red RedIris-Recetga provisional
RedIris Nova. Despregamento provisional de rede de fibra escura en España (RedIris/RECETGA en Galicia e resto de España).


Red Geant 2011
Geant. Esquema de interconexión das redes europeas
    

 

  • Xestión e monitorización:

     

RECETGA é unha infraestrutura xestionada polo CESGA, o cal mantén un centro de xestión de rede que se encarga da monitorización da infraestrutura.

 

  • Servizos ofertados sobre a rede:


O CESGA prové servizos comúns de rede aos centros conectados a RECETGA, entre os que se inclúen servizos de: multicast, direccionamento IPv4, IPv6, monitorización e xestión, DNS, aloxamento de servidores e de máquinas virtuais, videoconferencia de alta definición, servizos de seguridade (auditoría, xestión de incidentes, ...), etc. 

 

Ademais destes o CESGA, a través da rede, pon a disposición dos seus usuarios outros servizos específicos, entre os que cabe destacar: acceso a servidores de computación de altas prestacións, acceso a aplicacións de cálculo e simulación, acceso a Grids computacionais, acceso a infraestruturas cloud, almacenamento masivo de datos,  acceso a plataformas software de tele-ensino ou acceso a cartografía dixital entre outros. 

A existencia de RECETGA posibilita que distintas institucións usuarias poidan participar en proxectos e iniciativas de investigación nacionais e internacionais tales como EGEE 3, PASITO, Int.Eu.Grid, EGI, LHCb, etc. A rede tamén fomentou o uso de Internet como medio de intercambio de información especializada. A alta capacidade de transferencia de datos favoreceu a creación de BUGALICIA, un dos maiores consorcios de bibliotecas universitarias de publicacións electrónicas on-line de España, así como a constitución de redes temáticas en Galicia como a Rede Galega de Bioinformática ou a Rede Galega de Computación Paralela, Distribuída e de Tecnoloxías GRID.