Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS
  • Descrición

Para o almacenamento en disco dispomos de distintas solucións:

  • HOME: Para o almacenamento dos directorios HOME dos usuarios cóntase cun novo sistema de almacenamento unificado EMC2 VNX5700. Este sistema substitúe ás antigas cabinas Fiber Channel EVA3000 mellorando o rendemento e a fiabilidade do sistema. A configuración do HOME está baseada en discos SAS de 15K RPM e 600GB, tratando de ofrecer o maior rendemento posible aínda á conta dunha capacidade en disco máis reducida. Por este motivo, o espazo dispoñible no HOME está limitado por defecto a 10GB. Para almacenamento masivo de datos, recoméndase usar o directorio store (ver máis abaixo).
  • Scratch: Para o almacenamento dos datos temporais dos traballos en execución, utilízanse discos locais conectados aos nodos de computación (DÁS), baseados en distintas tecnoloxías, segundo o equipo de supercomputación. En Finis Terrae utilízanse entre 4 e 8 discos SAS de 146GB mentres que no SVG utilízanse entre 1 e 2 discos SATA de 500GB de capacidade. En xeral este sistema é o que permite mellor rendemento en traballos que se executan dentro dun só nodo.
  • SFS: Para os cálculos que requiren de maiores velocidades de acceso a disco ou maior capacidade, dispón dun sistema de ficheiros paralelo, baseado en Lustre e denominado HP SFS, que utiliza 866 discos SATA de 250GB e  está conectado a Finis Terrae a través dunha rede de altas prestacións Infiniband. Este sistema é o que se recomenda utilizar no FT para cálculos que polas súas características requiran un rendemento ou unha capacidade superior ao fornecido polo scratch local dos nodos.
  • Store: Para o almacenamento masivo de datos, cada usuario dispón no seu HOME dun directorio denominado /mnt/store no que pode almacenar os resultados das simulacións antigas, backups ou outros ficheiros que desexa gardar pero que polo seu tamaño non é posible manter no HOME, onde o espazo dispoñible esta moito mais restrinxido. O sistema de almacenamento store, do mesmo xeito que o HOME, está baseado no novo sistema de almacenamento unificado EMC2 VNX5700, pero neste caso a configuración baséase en discos NL-SAS de 2TB, de maior capacidade pero de menor rendemento que os do HOME.
  • Hardware
  • O sistema de almacenamento unificado EMC2 VNX5700 está composto por:
    • 3 X-Blade cada un con:
      • 2 procesadores Intel 5600 con 12 GB de memoria
      • 2 interfaces de rede 10GbE
      • 4 interfaces de rede 1GbE
    • 2 Storage Processors (SP)
    • 11 discos SSD de 200GB
    • 85 discos SAS de 600GB e 15K RPM
    • 60 discos NL-SAS e 7200 RPM
  • 2 Cabinas de almacenamento EVA3000 e 1 cabina EVA3500 (obsoleto, será retirado a finais de 2011)
  • Sistema HP SFS baseado en 18 OSS e 2 MDS con 72 cabinas SFS20 e 866 discos de 250GB
  • Guía de uso

Para máis información sobre como utilizar o sistema de almacenamento, poden consultar as guías de uso dispoñibles na sección correspondente do menú Servizos.