O CESGA dispón de equipamento de propósito xeral que permite ofrecer gran variedade de servizos como son os servidores de mapas, aloxamento web, servidores privados virtuais, servizos de colaboración web, email, ldap, listas de correo, sistemas de xestión documental, etc. Estes servizos ofrécense tanto internamente como ás institucións e centros usuarios.

Adicionalmente disponse tamén de equipamento de colaboración en salas do centro que permiten a realización de videoconferencias ou sesións formativas. Atopará nesta sección unha descrición do equipamento actual das devanditas salas.

Para máis información sobre os servizos ofertados polo CESGA facendo uso destas infraestruturas e como solicitalos, por favor consulte a sección Servizos.