Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS
  • Equipamento multimedia dispoñible no CESGA

O CESGA conta na actualidade co seguinte equipamento multimedia que dá servizo de colaboración e/ou docencia distribuída.

Sala de presentacións (capacidade: 60 persoas en recepción, 10 persoas participando)

É unha sala con 60 cadeiras de asistentes, e de mesa con cadeiras para reunións de ata 10 participantes. Na devandita sala cóntase cun equipo de videoconferencia de alta definición e sistemas de proxección (ben unha pantalla plasma de 50" ou ben un proxector e pantalla enrollable). Adicionalmente a sala conta cun sistema de pizarra electrónica para presentacións locais ou para presentacións a salas remotas. O equipo de videoconferencia permite a transmisión dunha saída de PC en alta resolución (1920x1080) de forma simultánea ao vídeo. 

Resumo da dotación da sala:

  • Un equipo de videoconferencia de alta definición (1080p) 
  • Un televisor de 50" plasma
  • Unha pizarra electrónica de tipo Smartboard i685x
  • Un proxector e pantalla fixa
  • Dispón de conectividade wifi para asistentes.
Sala de reunións (capacidade: 6-8 persoas participando)

É unha sala de reunións con capacidade para 8 asistentes. Dita sala conta cun equipo de videoconferencia de alta definición e un televisor LED de 50" con capacidade 3D, con este equipamento é posible manter videoconferencias con até 4 participantes con transmisión simultánea de datos (a saída VGA/HDMI dun PC ata 1920x1080 de resolución) e vídeo.

Resumo da dotación da sala:

  • Un equipo de videoconferencia de alta definición (1080p) e capacidade de gravación de sesións.
  • Un televisor de 55" LED 3D
  • Un proxector e pantalla enrollable
  • Dispón de conectividade wifi para asistentes.
Sala de PCs e AccessGrid (capacidade: 12 persoas participando).

É unha sala en formato estándar para docencia con ata 15 postos de usuario con conexión á rede. Dita sala está dotada con equipamento de colaboración AccessGrid (proxección de grandes dimensións, 3072x768 píxels, son de ambiente e micrófonos de man e solapa para os asistentes e profesores respectivamente). Adicionalmente o equipamento multimedia disposto está tamén conectado cun equipo de videoconferencia H.323 tradicional, permitindo aos asistentes recibir clases de forma remota tamén mediante esta tecnoloxía.

Resumo da dotación da sala:

  • Un equipo de videoconferencia Polycom VSX700e (para interactuar con outros puntos con equipos de videoconferencia H.323).
  • Infraestrutura de colaboración AccessGrid (sistema de audio de ambiente, proxección de grandes dimensións, posibilidade de interactuar con salas AccessGrid a nivel mundial)
  • PCs para a realización de prácticas en clases presenciais ou distribuídas.
  • Dispón de conectividade wifi para asistentes.


Adicionalmente ás salas multimedia arriba citadas, o CESGA dispón de equipamento adicional que permite enriquecer os servizos prestados na área de E-learning e colaboración e, parte dos cales poden ser cedidos para eventos ou en aluguer. 


Equipo Propósito
Unidade de multivideoconferencia É necesaria para a realización de videoconferencias cun número de participantes superior a 2.
Servidor de streaming Permite o almacenamento de vídeos e a súa difusión a un gran número de clientes.
Servidor de gravación Permite a gravación de videoconferencias ou de presentacións impartidas na sala arriba descrita como "Sala de PCs/AccessGrid"
Equipamento AccessGrid portable É un conxunto de elementos multimedia e servidores destinados á provisión de servizo de colaboración AccessGrid en salas situadas fóra do CESGA. Componse dos seguintes elementos:

  • 4 cámaras e trípodes
  • Un rack móbil dotado de PCs e equipo de cancelación de eco
  • 3 Pantallas enrollables
  • Altofalantes autoamplificados
  • Micrófonos de man e mesa
  • 3 proxectores de reducidas dimensións
Equipamento de videoconferencia portable Disponse de equipos de videoconferencia para o seu uso fóra das instalacións do CESGA: 
  • Un equipo de videoconferencia de definición estándar VSX7000 con módulo para transmisión de datos
  • Dous equipos de videoconferencia Polycom

 

  • Servizos soportados pola presente infraestrutura

A infraestrutura arriba descrita permite proporcionar diferentes servizos, que se describen con maior detalle na sección SERVIZOS da presente web:: 

- Servizo de videoconferencia de alta definición desde CESGA con calquera outra institución que dispoña do devandito servizo
- Servizo de multivideoconferencia para permitir videoconferencias con máis de dous participantes 
- Servizo de gravación e streaming de sesións de colaboración e/ou docencia
- Servizo de cesión de sala para presentacións, reunións ou docencia
- Servizo de préstamo de equipamento multimedia

 Tecnoloxía utilizada para provisión de servizos: 

Indicamos a continuación un extracto das tecnoloxías involucradas enlazando ás diferentes fontes de información sobre cada tema concreto.