Almacenamento

O CESGA dispón de distintas solucións de almacenamento para dar resposta aos requirimentos dos usuarios de supercomputación e tratamento de información dixital.

Na táboa móstranse os diferentes tipos de almacenamento dispoñibles e a capacidade deles:

Tipo de Almacenamiento Capacidad (TB)
Big Data 816
Scratch 370
Parallel Scratch 1.000
Home +Permanent disk storage 4.000
Tape 20.000
Almacenamiento Total 26.186

Almacenamento

Infraestruturas de Almacenamento do Centro de Supercomputación de Galicia

O Centro de Supercomputación de Galicia posúe os seguintes sistemas de almacenamento:

Para o almacenamento en disco dispomos de distintas solucións:

  • HOME: Para o almacenamento dos directorios HOME dos usuarios cóntase cun novo sistema de almacenamento NetApp FAS9000. A configuración do HOME está baseada en discos SAS de 15K RPM e 1800GB, tratando de ofrecer o maior rendemento posible aínda á conta dunha capacidade en disco máis reducida. Por este motivo, o espazo dispoñible no HOME está limitado por defecto a 10GB. Para almacenamento masivo de datos, recoméndase usar o directorio STORE (ver máis abaixo).
  • Scratch: Para o almacenamento dos datos temporais dos traballos en execución, utilízanse discos locais conectados aos nodos de computación (DÁS), baseados en distintas tecnoloxías, segundo o nodo.
  • Scratch Paralelo: Para os cálculos que requiren de maiores velocidades de acceso a disco, disponse dun sistema de ficheiros paralelo baseado en Lustre, que utiliza 40 discos NVMe de 3,8TB e 120 discos de 12TB NL-SAS e está conectado a FinisTerrae III a través dunha rede de altas prestacións Infiniband HDR. Este sistema é o que se recomenda utilizar no FT III para cálculos que polas súas características requiran un rendemento ou unha capacidade superior ao fornecido polo scratch local dos nodos.
  • Store: Para o almacenamento masivo de datos, cada usuario dispon dun directorio accesible coa variable de entorno $STORE no que pode almacear os resultados das simulacións antigas, backups ou outros ficheiros que desexe gardar pero que polo seu tamaño non é posible manter no HOME, onde o espazo dispoñible está moito máis restrinxido. O sistema de almacenamento STORE, do mesmo xeito que o HOME, está baseado no novo sistema de almacenamento NetApp FAS9000, pero neste caso a configuración baséase en discos NL-SAS de 10TB, de maior capacidade pero de menor rendemento que os do HOME.

Hardware

O sistema de almacenamento FAS9000 está composto por 2 controladoras de datos en configuración activa-activa:

  • 2TB de Flash Caché
  • 8 interfaces de rede 40GbE
  • 8 interfaces de rede 10GbE
  • 38.4 TB netos en 48 discos SSD de 960GB
  • 313.2 TB netos en 168 discos SAS de 1800GB y 15K RPM
  • 980 TB netos en 120 discos NL-SAS de 10TB e 7200 RPM
  • Sistema Lustre de altas prestaciones basado en 4 OSS y 2 MDS con 40 discos de 3,8TB NVMe y 120 discos de 12TB NL-SAS
  • Sistema Lustre de alta capacidad basado en 2 OSS y 2 MDS con 22 discos de 3,8TB SSD y 260 discos de 16TB NL-SAS

Guía de uso

Para máis información sobre como utilizar o sistema de almacenamento, poden consultar as guías de uso dispoñibles na sección correspondente do menú Servizos.

Para o almacenamento en cinta dispomos de tecnoloxía LTO-9, cun robot de cintas SpectraLogic TFinity con capacidade para 1600 cintas desta tecnoloxía, e 12 unidades para lectura/escritura con velocidade de 400MB/s. En total este equipo ofrece unha capacidade de almacenamento de 20 Petabytes.

Storage