Comunicacións

O CESGA é a entidade xestora da Rede de Ciencia e Tecnoloxía (RECETGA). RECETGA é unha infraestrutura de comunicacións avanzadas que permite a interconexión dos centros de investigación galegos, integrándoos e permitíndolles o acceso aos servizos que proporcionan as redes de investigación a nivel nacional e internacional (RedIris, GEANT, Internet2, etc) así como ás redes comerciais.

RECETGA está constituída por ligazóns de fibra escura propias e ligazóns de caudal de operadoras que interconectan os distintos centros adheridos. É o CESGA o que, a través do seu NOC (Centro de Xestión de Rede) e mediante o uso de equipamento de routing e conmutación de alta capacidade o que monitoriza e opera dita rede.

Nesta sección atopará información da arquitectura de RECETGA , dos centros que a compoñen, así como do equipamento que permite a operación e  xestión da mesma na actualidade.

Durante o ano 2011 RECETGA está migrando a súa rede troncal para prover servizos a través de ligazóns de fibra escura, dispondo de puntos de presenza de moi alta capacidade en todos os grandes núcleos urbanos de Galicia , o que facilitará o acceso aos servizos en igualdade de condicións ao resto de institucións de investigación a nivel europeo. Igualmente estase procedendo á renovación do equipamento de routing e conmutación para a mellora da dispoñibilidade dos centros conectados.

Fiber plant RECETGA

RECETGA

A Rede de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia (RECETGA) é unha infraestrutura de conectividade de alta capacidade que proporciona servizos de comunicacións e Internet de alta calidade á comunidade investigadora de Galicia.

RECETGA está destinada a satisfacer os seguintes obxectivos:

  • Prover servizos de comunicacións á comunidade académica e de investigación en Galicia como son conectividade a Internet, conectividade entre centros, servizos sobre a rede de multicast, IPv6, VPN de nivel 2 ou 3, realización de “testbeds” dedicados a experimentos, etc. RECETGA tamén  facilita o acceso aos servizos ofertados polos propios centros de investigación integrantes de RECETGA (como é o caso de servizos de almacenamento, computación, e-learning e GIS do propio CESGA, a información meteorolóxica de Meteogalicia, contidos didácticos e de investigación de universidades galegas, etc.).
  • Prover unha contorna tecnolóxica aberto que posibilite a investigación, desenvolvemento e innovación no campo das comunicacións na nosa comunidade.
  • Favorecer o desenvolvemento da Sociedade da Información e o Coñecemento en Galicia.

RECETGA creouse no ano 1993 e, despois de sucesivos cambios tecnolóxicos adaptándose ás novas tecnoloxías de transporte e transmisión, hoxe interconecta un total de 43 centros de diferente propósito. Desde o seu nacemento e ata a actualidade foi xestionada polo CESGA.

Centros usuarios

Os usuarios de RECETGA inclúen:

  • Centros de investigación e laboratorios da Xunta de Galicia
  • Institutos e laboratorios do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) en Galicia.
  • Outras institucións de investigación e desenvolvemento públicas e privadas.
Centros conectados RECETGA

Centros conectados RECETGA

Estrutura

RECETGA é unha rede baseada en fibra escura propia con equipos de conmutación óptica DWDM principalmente, constituindo un semi-anelo pechado pola infraestructura da rede académica de investigación nacional RedIRIS. Os nodos de routing da rede troncal están redundados e ubicados en puntos da rede distantes xeográficamente (Santiago de Compostela e Vigo).

A continuación mostramos un esquema coa estrutura de ligazóns de fibra que constitúen a rede troncal actual.

RECETGA. Esquema da rede de fibra

RECETGA. Esquema da rede de fibra

Dita estrutura de rede foi posible gracias a achega de fondos da Xunta de Galiciae do proxecto de despregamento da rede nacional de investigación RedIris Nova. Devandito despregamento levouse a cabo durante os anos 2010-2012.

Na seguinte imaxe móstrase unha fotografía do equipamento de conmutación óptico DWDM provisto no nodo RECETGA-RedIris Nova situado en CESGA constituído por un equipo Alcatel-Lucent 1626LM. Equipamento óptico DWDM de similares características atópase no resto dos nodos híbridos galegos e nos nodos de RedIris Nova do resto da rede nacional de investigación.

Equipamento de conmutación óptica DWDM dos nodos da rede troncal de RECETGA-RedIris Nova.

Equipamento de conmutación óptica DWDM dos nodos da rede troncal de RECETGA-RedIris Nova.

RECETGA interconéctase á rede nacional de investigación, RedIris, a través do seu Punto de Presenza situado no propio CESGA. É RedIris a que proporciona o tránsito á rede de investigación GEANT, quen proporciona conectividade a todas as redes de investigación nacionais (NREN, National Research Network).

O intercambio de tráfico entre a Rede de Ciencia e Tecnoloxía en Galicia e as redes comerciais realízase a través do Punto Neutro español de intercambio de tráfico ESPANIXsituado en Madrid.

Figura interconexión de redes nacionales a través de GEANT y acceso de RECETGA a través de RedIris. Interconexión de redes regionales mediante RedIris.
Figura interconexión de redes nacionais a través de GEANT e acceso de RECETGA a través de RedIris. Interconexión de redes rexionais mediante RedIris.

Desde o ano 2008, RedIris iniciou un proceso de despregamento de infraestrutura de fibra escura a nivel nacional (proxecto RedIris Nova), do cal é partícipe a Xunta de Galicia a través do CESGA para a súa construción en Galicia. A través de RedIris Nova o CESGA facilita aos seus usuarios o acceso á rede europea de ciencia e tecnoloxía GEANT na actualidade, aínda que se están migrando todas as ligazóns da rede troncal durante o ano 2011 á nova infraestrutura de fibra escura.

RedIris Nova

RedIris Nova. Despliegue provisional de red de fibra oscura en España (RedIris/RECETGA en Galicia y resto de España).

Geant

Geant. Esquema de interconexión de las redes europeas

 

Xestión e monitorización

RECETGA é unha infraestrutura xestionada polo CESGA, o cal mantén un centro de xestión de rede que se encarga da monitorización da infraestrutura.

Servizos ofertados sobre a rede

O CESGA prové servizos comúns de rede aos centros conectados a RECETGA, entre os que se inclúen servizos de: multicast, direccionamento IPv4, IPv6, monitorización e xestión, DNS, aloxamento de servidores e de máquinas virtuais, videoconferencia de alta definición, servizos de seguridade (auditoría, xestión de incidentes, …), etc.

Ademais destes o CESGA, a través da rede, pon a disposición dos seus usuarios outros servizos específicos, entre os que cabe destacar: acceso a servidores de computación de altas prestacións, acceso a aplicacións de cálculo e simulación, acceso a Grids computacionais, acceso a infraestruturas cloud, almacenamento masivo de datos,  acceso a plataformas software de tele-ensino ou acceso a cartografía dixital entre outros.

A existencia de RECETGA posibilita que distintas institucións usuarias poidan participar en proxectos e iniciativas de investigación nacionais e internacionais tales como EGEE 3, PASITO, Int.Eu.Grid, EGI, LHCb, etc. A rede tamén fomentou o uso de Internet como medio de intercambio de información especializada. A alta capacidade de transferencia de datos favoreceu a creación de BUGALICIA, un dos maiores consorcios de bibliotecas universitarias de publicacións electrónicas on-line de España, así como a constitución de redes temáticas en Galicia como a Rede Galega de Bioinformática ou a Rede Galega de Computación Paralela, Distribuída e de Tecnoloxías GRID.

Enlaces

REDIRIS. Red española de investigación
GEANT. Red europea de investigación

Centros conectados

A continuación, móstrase a lista de centros de investigación que actualmente están conectados a RECETGA a través dos servizos que presta o Centro de Supercomputación de Galicia.

European Fisheries Control Agency
Dirección: Edificio Odriozola, Av García Balbón 4, 36201 Vigo.
Web: https://www.efca.europa.eu/es

RedIRIS
Dirección: Plaza Manuel Gómez Moreno s/n planta 2,  28020 Madrid.
Web: http://www.rediris.es/

Rede de Telecomunicacións Galega
Dirección: Edificio Usos Múltiples, Avenida de San marcos, Bando, 15820 Santiago de Compostela.
Web: http://www.retegal.es/

Servizo Galego de Saúde
Dirección: Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.
Web: http://www.sergas.es/

Xunta de Galicia y Centros
Dirección: Edificio Administrativo de San Caetano, Rúa de San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela.
Web: edu.xunta.gal

IES San Clemente
Dirección: San Clemente  s/n, 15705 Santiago de Compostela.
Web: http://www.iessanclemente.net/

Universidade da Coruña
Dirección: Facultad de Informatica, Campus Elviña, 15192  A Coruña.
Web: http://www.udc.es/

Universidade de Santiago de Compostela
Dirección: Praza da Universidade  4, 15782 Santiago de Compostela.
Web: http://www.usc.es/

Universidade de Vigo
Dirección: Lagoas s/n – Campus Universitario Marcosende 36310 Vigo.
Web: http://www.uvigo.es/

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia
Dirección: Peirao de Vilaxoán s/n, 36600 Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.
Web: http://www.intecmar.org/

Instituto Español Oceanográfico – Sede Coruña
Dirección: Muelle de las ánimas s/n, 15001 A Coruña.
Web: http://www.ieo.es/acoruna.html

CETECA
Dirección: Avenida de Galicia 4, Parque Tecnológico de Galicia, 32900 San Cibrao das Viñas, Ourense.
Web: www.ceteca.net

Centro Técnico Nacional de Conservación de Productos de la Pesca
Dirección: Ctra. Colegio Universitario, 16 36310 Vigo – Pontevedra.
Web: http://www.anfaco.es/

Centro de Innovación e Servizos de Galicia
Dirección: A Cabana s/n 15590 Ferrol.
Web: http://www.cisgalicia.org/

Centro de Supercomputación de Galicia
Dirección: Avenida de Vigo, s/n Campus Sur 15705 Santiago de Compostela.
Web: http://www.cesga.es

Fundación Centro Tecnológico del Mar
Dirección: Eduardo Cabello S/N 36208 Vigo.
Web: http://www.cetmar.org/

TECNOPOLE (Parque Tecnológico de Galicia S.A.)
Dirección: San Cibrao das Viñas  32900, Ourense.
Web: http://www.tecnopole.es/

Fundación Centro Oncológico de Galicia
Dirección: Avenida Monserrat s/n ,15009 A Coruña.
Web: http://www.cog.es/

Fundación Empresa-Universidad Gallega (Sede Santiago)
Dirección: Rúa Lópe Gómez de Marzoa s/n, Campus Universitario Sur – 15705 Santiago de Compostela.
Web: http://www.feuga.es/

Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña
Dirección: Lugar Jubias de Arriba 84, 15006 A Coruña.
Web: http://www.inibic.es/

Delegación Institucional del CSIC en Galicia
Dirección: Rúa do Franco  2, 15705 Santiago de Compostela.
Web: http://www.delegacion.galicia.csic.es/

Instituto Investigaciones Agrobiológicas
Dirección: Av. de Vigo, s/n. Campus Universitario Sur, 15705 – Santiago de Compostela.
Web: http://www.iiag.csic.es/

Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento
Dirección: Rúa San Roque 2, 15704 Santiago de Compostela.
Web: http://www.iegps.csic.es/

Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo
Dirección: Eduardo Cabello nº6, 36208 Vigo.
Web: http://www.iim.csic.es/

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela
Dirección: Calle da Choupana s/n, 15706 Santiago de Compostela.
Web: http://chusantiago.sergas.es/