Solicitamos su permiso para obtener datos estadísticos de su navegación en esta web. Si continúa navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK | Política de cookies | Política de Privacidad

Máster HPC

  • Máster HPC

Subscríbeche

  • Suscribete a Novas CESGA

HPC User Portal

  • HPC User Portal

Estado dos sistemas

  • Solo visible desde Firefox o Chrome.

Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Xulio 2018

  • díxitos Julio 2018

  • CESGA ICTS
Artigos

Mércores 19/12/2018 13:24

Nova: Onde caben os millóns de xenomas descifrados para desactivar o cancro?

Galicia destaca na carreira cara a medicina persoalizada. A secuenciación masiva de ADN na poboación con cancro de mama ou de ovario no historial familiar permite dar pasos de xigante no diagnóstico desta doenza. Mediante a análise xenómica xa se pode coñecer a predisposición dunha persoa a desenvolver un cancro, detectándoo antes de que se manifeste e mellorando así o prognóstico. A Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, que realiza 20.000 probas ao ano, xoga un papel clave no avance dos tratamentos individualizados. O manexo de tal cantidade de datos é posible a través dos servizos do Centro de Supercomputacion de Galicia. Máis ...

Nova completa

CESGA

Martes 18/12/2018 13:39

Nova: O Archivo Dixital Valle-Inclán dende hoxe abre as súas portas no CESGA

O Grupo de Investigación Vale-Inclán da Universidade de Santiago de Compostela (USC) presenta hoxe martes 18, ás 11:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía, a posta en aberto do Arquivo Dixital Val-Inclán (1888-1936), que contén o fondo documental, bibliográfico, iconográfico e gráfico do escritor, con 4.500 documentos e 80.000 imaxes dixitalizadas, que inclúe a propia obra do autor nas súas múltiples edicións e traduccións, artigos propios e relacionados, correspondencia, ilustracións, fotografías...

No acto de presentación, que presidirá o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, intervirán a directora da Cátedra Vale-Inclán da USC, Margarita Santos; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López Couso; o director do CESGA, entidade que aloxará o arquivo, Manuel Mauro Fernández; a administradora do Arquivo Dixital Val-Inclán, Carmen Vílchez; a enxeño-Laboratorio BD da Universidade da Coruña, Ángeles Saavedra Places; e María José Malmierca, a responsable da área de e-learning e colaboración do CESGA. O Cesga durante algo máis dun ano, acompañou ao grupo de investigación no proceso de migración desta base de datos ao CESGA para facilitar o acceso sinxelo á  mesma a toda a sociedade e investigadores interesados na obra do autor, e poida servir de referencia para futuros traballos de investigación relacionados.

A principios deste ano, a USC recibía de mans da familia a cesión da biblioteca persoal de Ramón Vale-Inclán así como o arquivo familiar e documentación diversa que debuxa unha imaxe de totalidade da vida e obra do escritor arousán. Este material xa formalmente incorporado aos fondos universitarios sumouse no seu día, entre outros, ao depósito do legado manuscrito orixinal do autor na Biblioteca da USC en 2009 e ao fondo bibliográfico Val-Inclán de edicións (1895-1936), probablemente o máis completo dos existentes actualmente. https://www.archivodigitalvalleinclan.es/publica/principal.htm

Nova completa

CESGA

Xoves 29/11/2018 09:49

Nova: CESGA celebra o seu 25 aniversario

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, remarcou hoxe o traballo da Xunta por situar os centros tecnolóxicos galegos como ponte entre a investigación, a Universidade e a industria, subliñando que, con este fin, desde 2013, se destinaron 12 millóns de euros para impulsar a actividade dos 9 centros tecnolóxicos da Comunidade.. Máis ...

Nova completa

Cursos e eventos

Martes 27/11/2018 11:14

Nova: Mañana se clausura la Mobile Week Coruña

El próximo miércoles 28 de noviembre a las 19 horas en el PALEXCO, (Muelle de Transatlánticos, s/n, 15003 A Coruña) se clausura la Mobile Week Coruña. Este evento, que por primera vez sale de Barcelona, ha supuesto una semana muy intensa con más de 100 actividades enfocadas a llevar la reflexión a la ciudadanía sobre la realidad, impacto y posibilidades de la transformación digital en nuestras vidas. El CESGA ha participado activamente en este evento coordinando la propuesta de actividades enmarcadas en torno a 6 ejes principales: educación (el aula del futuro), territorio y población (territorio Galicia Futuro), revolución digital en el trabajo, comunicación y democracia, inclusión (Futuro digital ¿para tod@s?) y ética y tecnología. Durante estos días se ha podido participar en debates, talleres, exposiciones y visitas guiadas con esos ejes como marco.

La clausura será un acto festivo y abierto a todos los públicos, de en torno a 90 minutos de duración, que contará con la intervención de Eduardo Aldao (director de innovación en Abanca) y Elena Vázquez Cendón (decana de la Fac. de Matemáticas de la USC), teniendo como moderadora a Silvia Jato. La gaiteira Susana Seivane pondrá el colofón al acto.

https://www.mobileweekcoruna.com/es/evento/772/clausura-mobile-week-coruna/

Para asistir basta confirmar en el correo el número de asistentes a actividades@mweekcoruna.com

La Mobile Week Coruña (MWeekCoruña) es una iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona y desarrollada por el Club Financiero Atlántico, en colaboración con las tres administraciones: Concello de A Coruña, Diputación y Xunta de Galicia, y dirigida por un equipo gestor formado por 2 empresas gallegas (Interim Management, GDI), CESGA y Universidad de A Coruña. Cuenta con apoyo y patrocinios importantes en el sector privado como ABANCA, R, Estrella Galicia, Intasa, Accenture y otros muchos.

Nova completa

CESGA

Venres 23/11/2018 13:18

Nova: Representantes de 15 centros de Supercomputación Europeos reúnense no CESGA

No marco do Proxecto PRACE-5IP os participantes nos servizos operacionales de 15 centros de supercomputación reuníronse durante os días 6 e 7 de novembro nas instalacións do CESGA para mellorar a calidade de servizos que se proporciona aos usuarios destas infraestruturas de referencia en Europa.

Proxecto PRACE-5IP: http://www.prace-ri.eu/prace-5ip/

Nova completa