Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Agosto

  • díxitos AGOSTO 2016

  • CESGA ICTS

A investigación, o desenvolvemento e a innovación no CESGA está centrada na Ciencia Computacional co obxectivo de contribuir significativamente ao avance de dúas áreas de interese:

  1. Tecnoloxías para a Computación de Alto Rendamento (HPC) e a e-Ciencia: Novos algoritmos matemáticos, paralelización e novas linguaxes de programación, portais de e-ciencia, Cloud computing para HPC e monitorización e contabilidad para a actual e futura xeneración de supercomputadores e aplicaciones asi como para a adopción da e-ciencia.
  2. Solucións computacionais para varias áreas estratéxicas da ciencia e tecnoloxía, con grande impacto na rexión como:
  • Nanotecnoloxía, Novos Materiais e Procesos Industriais
  • Ciencias da Vida e da Saúde. Desenvolvemento de nuevas solucións para a Saúde que demandan grande capacidade de cómputo como poden ser novos modelos para radioterapia ou o procesando de imaxes médicas para xerar información útil para o diagnóstico clínico.
  • Ciencias do océano. Solucións operacionais para a modelización, simulación e previsión de parámetros físicos da costa española e galega en colaboración con outras institucións. Deseño específico de portais para a comunidade Oceanográfica e utilización do XIS e otros servidores de datos para compartir dita información.
  •  

    A súa actividade está centrada ea xeración de novas solucións para problemas abertos nas líñas seleccionadas, creando fortes relacións cos centros de investigación na contorna xeográfica, coas institucións académicas da rexión e cos Centros Tecnolóxicos. O CESGA tamén fomenta a internacionalización da investigación nestas áreas, realizando esforzos especiais na colaboración con outros Centros Excelentes de Investigación en Ciencia Computacional de Europa e Iberoamerica. Finalmente, outras subunidades do centro focalizan a súa investigación, desenvolvemento e innovación no fomento da adopción de novas solucións computacionais, promovéndoas no mercado mundial, transferindo os resultados á sociedade, aplicando novas solucións tecnolóxicas a infraestructura de supercomputación, traspasando barreiras para o despliegue da computación técnica, e validando solucións de supercomputación en casos reais.