The rapid growth in biological databases; models of cells, tissues, and organs; and the development of powerful computing hardware and algorithms have made it possible to explore functionality in a quantitative manner all the way from the level of xenes to the physiological function of whole organs and regulatory systems

                                               Denis Nobre, Science 295, 1678 (2002)


O CESGA traballa nesta área desenvolvendo solucións computacionales para o sector da saúde que requiren importantes cantidades de computación. Estas capacidades obtéñense tanto dos recursos computacionales locais como de contornas distribuídas como Grid ou Cloud, co obxectivo de garantir os tempos de resposta. A filosofía das solucións aplicadas tentan, ademais, ocultar a complexidade dos sistemas de cómputo utilizados para que o investigador ou o usuario final só teña que preocuparse do problema que quere solucionar.

Con este enfoque, desenvolveuse o portal para radioterapia e-IMRT que inclúe servizos de validación remota de tratamentos de radioterapia e optimización baseado en algoritmos de Monte Carlo, desenvolvido conxuntamente co   Grupo de Investigación en Radiofísica da  Universidade de Santiago de Compostela, o Grupo de Tecnoloxías da Información da Universidade de Vigo,  o Complexo Hospitalario da Universidade de Santiago (CHUS) e o Complexo Hospitalario da Universidade de Vigo. Tamén se está desenvolvendo con Bahia Software e a Universidade de Santiago un sistema de apoio ao diagnóstico clínico (CAD).

Ademais desta aplicación de solucións, en colaboración co departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago estase desarrolando unha solución para a resolución das ecuacións de transporte de fotóns e electróns para o seu uso en radioterapia.