Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

A Nanotecnoloxía é o eido das ciencias aplicadas que se dedica ao campo do control e a manipulación da materia a escalae menores da micra, é decir, a nivel de átomos e moléculas. É unha ciencia fundamentalmente multidisciplinar que necesita coñecementos de diversas áreas como a física, a ciencia de materiais, a química suplramolecular, a ingeniería mecánica e eléctrica, a bioxloxía, as matemáticas, etc.

A investigación no CESGA neste eido está relacionada principalmente coa ciencia computacional aplicada a materia condensada. A física da materia condensada é a especialidade da física que estudia as fases condensadas da materia como os sólidos e os líquidos. Para describir estas fases é necesario con frecuencia recurris a física cuántica: por exemplo, os electróns nun sólido forman un sistema fortemente interactuante de moitas partículas cuánticas. Debido á súa natureza cuántica, algunhasfases da materia condensada teñen propiedades exóticas, sen analoxía na física clásica que rexe a nosa experienza diaria. O magnetismo, a superconductividade ou a superfluidez son manifestacións deste feito. Desafortunadamente estas fases cuánticas son extremadamente complexas, e a miúdo carecemos das ferramentas matemáticas para resolver as ecuacións que gobernan o seu comportamento. A investigación no CESGA céntrase en estudar modelos matemáticos para fases cuánticas da materia usando computadores de altas prestacións, así como en implementar novos algoritmos numéricos para tratalas.