Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS
Na área de Ciencias do Océano, as aplicacións da Ciencia Computacional son numerosas e variadas, xa que corresponden a unha disciplina cunha ampla gama de obxectivos, que inclúen  o cambio climático, a economía social da pesca, a acuicultura, ou o estudo dos ecosistemas mariños.

Os modelos Oceanográficos poden utilizarse para estudar:

  • Previsión: Os modelos de Ciencia Computacional poden utilizarse para prognosticar as variábeis físicas (temperatura, salinidade, velocidade - p.ex., correntes - do océano) que poden usarse para predecir outros resultados, como poden ser os datos biolóxicos.
  • Cambio Climático: A evidencia do cambio climático en ecosistemas mariños e terrestres, o estudo do seu impacto, e o desenvolvemento de plans de adaptación ao mesmo.
  • Contaminación: Orixinada pola actividade humán (transporte marítimo, actividades industriais, residuos urbanos, etc.) e contaminación orixinada por episodios de fitoplacton tóxico.
  • Outras áreas económicas como pesca, acuicultura, enerxía, etc

A investigación no CESGA está centrada, en colaboración con outras institucións como IEO, Meteogalicia ou Puertos del Estado , e LABSIS, na execución operativa de modelos oceanográficos, e a adaptación de aplicacións oceanográficas como ROMS. Tamén no desenvolovmento de portais para a comunidade investigadora na área.