CESGA ten máis de 10 anos de experiencia participando en iniciativas de computación distribuída, como GRID e, nos últimos 2 anos, Cloud computing. A través das iniciativas de computación GRID participou en proxectos Europeos como EGEE e participa actualmente en EGI, fundamentalmente ofrecendo a infrastructura de computación. Tamén ten participado activamente no desenvolvemento de ferramentas de monitorización e contabilidade do uso da infrastructura e na análise da calidade do software desenvolvido mediante probas de instalación. Foi dinamizador da tecnoloxía GRID participando en distintas iniciativas tanto rexionais (Redegrid) como nacionais (IBERGRID, INES - no grupo de traballo de infrastructuras orientadas a servizos- e a rede española de e-ciencia)

En Cloud computing, participamos en proxectos de federación da computación Cloud como NUBA, onde coordina as actividades de despregamento da infrastructura de computación, as probas de validación dos compoñentes e desenvolve os de monitorización da infrastructura así como sensores para os casos de uso. Tamén é responsable da migración dun caso de uso de planificación de radioterapia no testbed.