Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

Ficha de proxecto

T-Maestro - T-Maestro

Periodo:01/09/2007 - 31/08/2010 (36 meses).

Entidad financiadora: Xunta de Galicia

  1. O Proxecto
  2. Prensa
  3. Conferencias
  4. Publicacións relacioadas
  5. Máis datos

 

O proxecto T-Maestro foi financiado pola Dirección Xeral de I + D da Xunta de Galicia, nel participan o CESGA (coordinador) e o Laboratorio de Televisión Dixital Interativa da Universidade de Vigo.

T-Maestro baséase no desenvolvemento de tecnoloxías de televisión dixital (receptores fixos e móbiles) para emitir aplicacións telemáticas interactivas xunto cas sinais audiovisuais clásicas, e o seu papel emerxente en dous novos tipos de aprendizaxe electrónica (e-learning) chamado T-learning (aprendizaxe a través da TV) e M-learning (aprendizaxe a través de dispositivos móbiles) que prometen ser un apoio eficaz de novas formas de aprendizaxe.

No deseño de aplicacións para estes medios, é preciso ter en conta as peculiaridades tanto dende o punto de vista técnico (os receptores proporcionan ao usuario posibilidades de interacción máis limitadas que un computador persoal e o envío de contido faise a través de canles de transmisión en vez de punto a punto) e social (con medios de acceso universal os usuarios serán moi heteroxéneos). Estas características desaconsellan construir estas aplicacións como unha simple traslación de aplicacións baseadas na web. Neste contexto, o obxectivo deste proxecto é o deseño, desenvolvemento e validación dun entorno para a creación de propostas de formación, válido no campo de T-learning como no M-learning, tendo en conta as peculiaridades destos medios antes citados, e superar os principais obstáculos identificados na proposta e-learning.

Para acadar ese obxectivo, proponse o desenvolvemento dunha arquitectura de prestación de servizos M-learning e T-aprendizaxe que implica catro ingredientes fundamentais:

1. A integración de contidos de entretemento (programas de TV) e educativos (de acordo co estándar SCORM). Esta integración pode ocorrer de dúas maneiras. Por unha banda, usar a televisión para atraer o usuario a aprender (o que se coñece como "entercation" entretemento + educación). Por outra banda, pódese complementar o contido educativo con programas de TV (ou sexa,"edutainment" educación + entretemento) que vai facer a experiencia de aprendizaxe máis motivadora e acorde o medio que ofrece a televisión.

2. A personalización de contidos. No contexto da televisión dixital interactiva (difundida no fogar ou a dispositivos móbiles), o gran número de contidos lúdicos e educativos ós que ḉe posible acceder poden desorientar ou desmotivar ó usuario que non atopa os contidos que busca de forma sinxela. Evitar estas situacións require o uso de estratexias de recomendación de contidos educativos que encaixen perfectamente cas preocupacións do estudante respecto á śúa formación.

3. Adaptación de contenidos. Nun escenario como o descrito é pouco realista pensar que existe un contido educativo que se adapte perfectamente a cada usuario concreto, sendo máis viable deseñar contidos educativos adaptables na plataforma de destino para o perfil de usuario concreto.

4. Validación da solución proposta. Igual que todas as propostas para a aplicación da tecnoloxía a procesos de ensino-aprendizaxe é necesario analizar e avaliar a proposta dende unha perspectiva de usuario final, segundo criterios educativos, de usabilidade e accesibilidade, así como a viabilidade e rendemento da solución tecnolóxica . Esta validación será a principal actividade da área de e-Learning CESGA.

 

Con base nesas catro premisas, o obxectivo do proxecto é o deseño e desenvolvemento dun titor intelixente o que chamamos T-Maestro (Multimedia Adaptive Education SysTem based on Reassembling TV Objects), que inclúa capacidades de adaptación e personalización dentro da aprendizaxe a través de entretemento de televisión, integrado contidos lúdicos e educativos. O deseño deste titor intelixente vai acoller as últimas tendencias nas áreas de web semántica, modelaxe ontolóxico de dominio de de usuario e recomendación de contidos e hipermedia adaptativa. T-Maestro proporcionará unha plataforma para T-learning e M-learning integrada e aberta, segundo estándares de facto en educación a distancia (SCORM) e en liña coa tecnoloxías de difusión (DVB-T, DVB-H) e aplicación (DVB-MHP) líderes no mercado da TV dixital.

Co fin de evaluar a solución proposta, diseñarase unha ferramienta prototipo que permita a creación de contidos educativos acordes ás características desta plataforma, así como os requerimentos pedagóxicos e de usabilidade e accesibilidade establecidos. Para esta evaluación estableceránse ferramientas cuantitativas e cualitativas que permitan realizar unha análise que afonde en todos estos aspectos.

 

Subir

Prensa

 

Subir

 

Conferencias

  • Edmundo Tovar (UPM) e Óscar M Bonastre (UMH, GICAC-UPM) falan de T-Maestro como unha das novas tendencias de comunicación audiovisual e ensino en eMadrid.
    • Unha imaxe da conferencia.
    • Vídeo da segunda parte da conferencia, a partir do minuto 33 fálase de T-Maestro.

 

Subir

 

PUBLICACIÓNS RELACIONADAS CON T-Maestro

* An extension to the ADL SCORM standard to support adaptivity: the t-learning case-study.Marta Rey López, Rebeca P. Díaz Redondo, Ana Fernández Vilas, José J. Pazos Arias, Jorge García Duque, Alberto Gil Solla, Manuel Ramos Cabrer
Computer Standards & Interfaces - To appear 2008 

* T-Maestro and its Authoring Tool: Using Adaptation to Integrate Entertainment into Personalized T-learning Marta Rey López, Rebeca P. Díaz Redondo, Ana Fernández Vilas, José J. Pazos Arias, Martín López Nores, Jorge García Duque, Alberto Gil Solla, Manuel Ramos Cabrer 
Multimedia Tools and Applications - To appear 2008 

* T-Maestro: Personalized Learning for IDTV. Rebeca P. Díaz Redondo, Ana Fernández Vilas, Marta Rey López, José J. Pazos Arias, Alberto Gil Solla, Yolanda Blanco Fernández 
12th Annual IEEE International Symposium on Consumer Electronics (ISCE) - apr 2008 

* Entercation: Engaging Viewers in Education through T.V Marta Rey López, Rebeca P. Díaz Redondo, Ana Fernández Vilas, José J. Pazos Arias 
ACM Computers in Entertainment, Volume 5, Number 2 - April/June 2007 

* Objetos Adaptativos de Aprendizaje para T-learning. Marta Rey López, Rebeca P. Díaz Redondo, Ana Fernández Vilas, José J. Pazos Arias, Martín López Nores 
VI Jornadas de Ingeniería Telemática (JITEL) - sep 2007 

* Objetos Adaptativos de Aprendizaje para T-learning. Marta Rey López, Rebeca P. Díaz Redondo, Ana Fernández Vilas, José J. Pazos Arias, Martín López Nores 
IEEE Latin America Transactions, Volume 5, Number 6, page 401-408 - oct 2007

 

Subir

Máis datos

  • Socios: CESGA -coordinador-, IDTV (Interactive Dixital TV) grupo de investigación da Universidade de Vigo (Spain).
  • Responsable: María José R. Malmierca
  • Web: http://tmestre.cesga.es/

Subir