Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

Ficha de proxecto

OCEANO 2009 - XERACIÓN, PROCESADO E DISTRIBUCION DE CAMPOS OCEANOGRÁFICOS OPERACIONAIS MULTIPROPÓSITO USANDO ESTÁN

Periodo:01/10/2009 - 31/10/2012 (36 meses).

Entidad financiadora: Xunta de Galicia

http://oceano.cesga.es

Plan de investigación e desenvlovemento 2006-2010 (INCITE),  referencia 09MDS009CT.

O proxecto Océano  é unha colaboración entre MeteoGalicia, o Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago e o CESGA. O obxectivo do proxecto é desenvolver e adaptar o modelo ROMS (Regional Ocean Model System) a costa galega así como facelo operacional para que MeteoGalicia poida usar os seus resultados. Ditos resultados implementaranse mediante unha arquitectura de procesado de datos e xerarán productos de valor engadido a partires dos arquivos de saída, seguindo una axeitada organización, xestión e difusión dos mesmos e cumprindo coas directrices europeas neste sentido da directiva INSPIRE con estándares de servizos web propostos polo Open Geospatial Consortium (OGC) .Os obxectivos do proxecto son:

  • Executar de forma operacional o modelo ROMS a escala rexional (Galicia).
  • Xerar produtos de valor engadido a partires da saída do modelo operacional.
  • Facer que a información xerada na execución do modelo ROMS e os datos de valor engadido estean dispoñibles para a comunidade de usuarios de maneira pronta e eficaz ao través dun interfase gráfico avanzado e través de servizos WEB segundo o estándar do OGC.
  • O Acceso a información de fontes de datos in-situ e sensores remotos. Acceso en tempo case real, preprocesado e asimilación: altimetría, temperatura oceanica superficial e productividade.
  • Permitir a execución de modelos ROMS mais localizado e a xeración doutros produtos de valor engadido empregando o estándar de servizos de procesado.

Publicacións: