Ficha de proxecto

IDEPatri - Desenvolvemento dun modelo de datos Arqueolóxico para a Idade de Ferro en Galicia

Periodo:30/10/2009 - 31/10/2012 (18 meses).

Entidad financiadora: D.X. de ID

http://idepatri.cesga.es

Esta iniciativa propón crear un sistema operacional de xeración e provisión de datos derivados da práctica arqueolóxica. O traballo coordinado de varios grupos de investigación, permitirá o deseño dunha plataforma para o intercambio de información xeoespacial a través de Internet. A súa finalidade principal será a de permitir o descubrimento e acceso a datos xeoespaciais de temática arqueolóxica, dun período cultural concreto, a Cultura Castrexa; pero asentando os principios para que podan ser engadidos nun futuro outros períodos culturais. Esto permitirá aos equipos profesionais e de investigadores coñecer o estado das intervencións e investigacións arqueolóxicas que se están levando a cabo na comunidade, e tamén, integrando este coñecemento na globalidade de Internet, polo que calquera persoa conectada poderá ter acceso aos contenidos do mesmo.