Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Marzo

  • díxitos MARZO 2017

  • CESGA ICTS

Ficha de proxecto

REN-CAPAP-H2 - RENOVACIÓN-Red de Computación de Altas Prestaciones sobre Arquitecturas Paralelas Heterog. (CAPAP-H)

Periodo:15/06/2010 - 14/06/2011 (24 meses).

Entidad financiadora: Ministerio ID

http://capap-h.uji.es/

En diversas áreas da ciencia e a enxeñaría é necesario resolver problemas de alto custo computacional. Con este fin, os investigadores empregan sistemas paralelos que, cada vez máis, presentan unha estrutura heteroxénea e/ou xerarquizada, e que resultan difíciles de programar e usar eficientemente. Exemplos destes sistemas son as redes de computadores heteroxéneos, os procesadores multinúcleo (multicore) e os procesadores gráficos (GPUs).

A rede CAPAP-H (TIN2007-29664-E) permitiu a colaboración dun bo número de grupos de investigación que abordan nas súas liñas de traballo os problemas que expoñen estas plataformas. A renovación da rede ten como obxectivos promover o intercambio e transferencia de coñecementos entre os grupos, consolidar as relacións previamente establecidas e fomentar novas, e articular os esforzos para consolidar o seu recoñecemento internacional no ámbito da computación de altas prestacións sobre arquitecturas paralelas heteroxéneas.

 

 

Obxectivos

Os principais obxectivos que pretendemos alcadar son os siguintes:

  • Facilitar o intercambio e a transferencia de coñecementos e experiencias entre os distintos grupos de investigación interesados na CAPAP-H, de xeito que se fomente a cooperación entre eles
  • Axudar á consolidación e difusión do coñecmento existente sobre CAPAP-H. Fomentar o desenvolvimento e uso de novas técnicas e metodoloxías que posibilita a CAPAP-H, principalmente naaquelas liñas nas que investigan os grupos participantes.
  • Aunar e organizar os esforzos individuais para tratar de identificar e alcadar obxectivos mais ambiciosos, así coma consolidar a comunidade que traballa neste ámbito de xeito que aumente o sue peso específico a nivel internacional, de cara a posuir unha identidade propia no Espazo Europeo de Investigación.
  • Estreitar os lazos entre os grupos participantes que interveñen na rede, así coma con outras organizacións públicas ou privadas, nacionais ou internacionais, para colaborar no desenvolvemento de publicacións, proxectos, conferencias e seminarios.

 

Participantes