Ficha de proxecto

Wiki-skills - Wiki-skills

Periodo:01/01/2012 - 01/01/2014 (24 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

http://wikiskills.net/

O proxecto Wiki-skills pretende analizar e aplicar os beneficios de utilizar as ferramentas wiki baseadas en software libre para a aprendizaxe, ademais de potenciar o comportamento cívico, a inclusión social, emprego, entendemento intercultural e habilidades para aprender de xeito autónomo.

Ademáis, pretende xuntar o aprendizaxe dinámico das novas tecnoloxías co aspecto colaborativo que aportan as wikis. Para iso, deseñáranse e avaliaranse materiais de aprendizaxe e cursos sobre ferramentas wiki para distintos colectivos. Estes cursos proverán un entendemento básico das novas tecnoloxías da información e da comunicación, ademais de introducir ó usuario ás ferramentas wiki, as súas fontes, beneficios persoais e efectos sociais.

Ditos cursos serán levados a cabo en dous niveis diferentes: cursos cara a cara en cada país socio do proxecto para a audiencia nacional, e cursos moderados online que se convertirán en cursos auto-dirixidos para alcanzar a unha audiencia internacional.