Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

Annual Report 2016

  • Annual Report 2016

  • CESGA ICTS

Ficha de proxecto

A Ponte - A Ponte

Periodo:01/10/1998 - 01/12/2000 (24 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

  1. O proxecto
  2. Máis datos

A PONTE foi un proxecto de demostración e investigación europeo sobre o impacto das Novas Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC) no ensino nun entorno rural.


APonte foi un ambicioso proxecto que abordou múltiples frontes para analiza-la implantación das TIC como vehículo de solucións ós problemas que sofren as comunidades educativas en Galicia e no Norte de Portugal. A problemática ven definida polo carácter rural desta zona. A PONTE é un esforzo de concienciación, formación e divulgación das novas tecnoloxías. A través de servicios de apoio, accións de diseminación e experiencias pedagóxicas que se realizarán nos Centros de Educación Secundaria, identificaronse os posibles beneficios do uso das TIC para o sistema educativo. A PONTE, ademais, aportou experiencias a rexións similares en Europa. As TIC aplicaronse:
• para mellora-la comunicación entre as comunidades e as institucións educativas
• para facilita-la colaboración a distancia tanto a nivel rexional como a nivel europeo
• para dar acceso ós recursos electrónicos (web, internet) relacionados co ensino
• para prover formación no uso das TIC no ensino secundario

A PONTE tamén incluíu a realización dunha análise de necesidades educativas, experiencias pedagóxicas destinadas a testa-la capacidade das tecnoloxías  da información e as comunicacións (TIC) para aportar solucións á poboación A PONTE, así como unha avaliación das mesmas. As experiencias leváronse a cabo ó longo do curso 99-2000.

Subir

Máis datos

  • Responsable : María José Rodríguez Malmierca
  • Entidades colaboradoras: SEMA Group (ES) -coordinador-, CESGA + USC, Associação das Universidades da Região Norte (PT), Context European Educational Ltd. (NL), SBLN Ltd. (GB).
     

Subir