Síguenos ...

  • Twitter FacebbokFlickrYouTube CESGA

Servizos PYME's

  • Servicios para Empresas

díxitos Decembro

  • díxitos Decembro 2017

  • CESGA ICTS

Ficha de proxecto

FORTISSIMO2 - Factories of the Future Resources, Technology, Infrastructure and Services for Simulation and Modelling 2

Periodo:2015-11-01 - 2018-10-30 (36 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

http://www.fortissimo-project.eu

O proxecto Fortissimo 2 está financiado pola Comisión Europea no marco do Programa Marco H2020 para a Investigación e a Innovación a través do acordo de subvención nº 680481. E parte da acción de Innovación TIC para as PEMES de Manufactura (I4MS) (www.i4ms.eu) é unha acción de continuación do proxecto Fortissimo establecido no 2013 (ver www.fortissimo-project.eu para máis información sobre ambas iniciativas). Coma o seu antecesor, Fortissimo 2 é un proxecto de colaboración que permitirá ás PEME europeas ser máis competitivas globalmente mediante o emprego de servizos de simulación que se executan nunha infraestrutura Cloud de Computación de Altas Prestacións (HPC). O proxecto está coordinado pola Universidade de Edimburgo e inclúe empresas de manufactura de Fortissimo 2, desenvolvedores de aplicacións, expertos en dominios, provedores de solucións TI, provedores de servizos Cloud HPC e centros HPC.

Fortissimo 2 impulsará a adopción de modelos avanzados de modelado, simulación e análise de datos por parte das pemes europeas de enxeñaría e manufactura europeas e mid-caps. Esta adopción permitirá mellorar os procesos de deseño, mellorar os produtos e servizos e mellorar a competitividade. Para a Unión Europea no seu conxunto, isto significa mellores oportunidades de emprego e crecemento económico.

A importancia das TIC avanzadas para a competitividade das grandes e pequenas empresas no ámbito da enxeñería e a manufactura está ben establecida. A pesar dos éxitos iniciais neste ámbito, aínda existen moitas barreiras para a adopción de tales solucións, entre as que destacan o custo inicial e a complexidade da adopción, en particular no contexto de condicións comerciais retadoras.

No núcleo de Fortissimo 2 existen tres tramos de experimentos de aplicación. Estes experimentos serán impulsados polos requisitos dos novos usuarios (predominantemente PEMES) e reunirán a actores de toda a cadea de valor, dende provedores de ciclos ata expertos de dominio a través dos experimentos de Fortissimo 2.

Isto proporcionará solucións innovadoras para os retos de manufactura, o que conducirá a novos e mellorados procesos de deseño, produtos e servizos. Unha característica clave de Fortissimo 2 será a adaptación do Marketplace de Fortissimo baseado no feedback dos experimentos de aplicación.

Un tramo inicial de experimentos de Fortissimo 2 comezou o 1 de febreiro de 2016, con dous tramos adicionais resultantes das convocatorias competitivas.

Este proxecto recibiu financiamento do programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea en virtude do acordo de subvención nº 680481