Ficha de proxecto

Efelcren - Educational flexible and creative environments

Periodo:01/09/2005 - 30/09/2008 (36 meses).

Entidad financiadora: Comisión Europea

  1. O proxecto
  2. Máis datos

PROXECTO EFELCREN "EDUCATIONAL FEXIBLE AND CREATIVE ENVIRONMENTS"

EFELCREN é un proxecto de Europeo Comenius 2,1 desenvolvido entre outubro de 2005 e setembro de 2008. É coordinado polo Grupo de Tecnoloxía Educacional da Universidade de Santiago de Compostela, e coa participación de CESGA, Trinity College (TCD-Irlanda), Centro de Tecnoloxía da Información da Educación (ITC-Lituania), da Universidade de Ca'Foscarti Venecia (Univ-Italia), Haslev Seminarium (Dinamarca) e EUNEOS Corporation (Finlandia). Durante o desenvolvemento deste proxecto preténdese formar profesores no deseño e desenvolvemento de materiais educativos multimedia de calidade empregando ferramentas libres ou de código aberto.

Os resultados máis importantes a seren obtidos ao final do proxecto, entre outros:

  • Unha comunidade europea de profesores, investigadores e especialistas na xestión de Tecnoloxías de Información e da Comunicación (ICT) que traballen en equipos e que por medio da investigación desenvolvan un modelo virtual de traballo (materiais, ferramentas e exemplos de boas prácticas para usar ).
  • Unha comunidade de alumnos formados en habilidades relacionadas coas TIC para aprender de forma independente e creativa.
  • Un centro de recursos multilingüe con materiais e-learning de calidade, exemplos de boas prácticas de uso destes materiais e consellos para o seu deseño e uso metodolóxico.
  • Formación de profesores no desenvolvemento e uso de ambientes de aprendizaxe flexibles e na creación de materiais de e-learning.
  • Unha guía de boas prácticas de deseño e uso de materiais multimedia.

Subir

Máis datos

  • Socios: Universidade de Santiago de Compostela (USC), Trinity College (TCD-Irlanda), Centre of Information Technology of Education (ITC-Lituania), Ca´Foscarti University of Venice (UNIVE-Italia), Haslev Seminarium (Dinamarca), Euneos Corporation (Finlandia).
  • Responsable: María José Rodríguez Malmierca
  • Web: http://efelcren.cesga.es

Subir