O pasado mércores 16 de outubro celebrouse nas instalacións do CESGA os actos relacionados coa segunda edición dos Premios aos Mellores Traballos Fin do Mestrado en Computación de Altas Prestacións. Este é un mestrado interuniversitario entre a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) que se oferta desde fai seis anos, e que garda, desde os seus inicios, unha estreita colaboración co CESGA, xa que todos os alumnos utilizan a ferramenta AulaCESGA e o supercomputador FinisTerrae para as súas prácticas. A finais de 2022 a Xunta de Galicia concedeu o selo de Excelencia a este #máster tras valorar, entre outros méritos, a alta calidade da docencia e profesorado, o seu temario innovador, a súa internacionalización (está impartido en inglés, ten máis dun 50% de alumnos estranxeiros, e ten un convenio de colaboración coa CY Cergy Paris Université), a súa alta demanda (100% das súas 25 prazas ocupadas no curso 2023/24) ou a súa alta empregabilidade.

Desde o curso 2022/23, cos fondos achegados pola Xunta de Galicia grazas ao Selo de Excelencia, convócanse uns Premios aos Mellores Traballos Fin de Mestrado , que en 2024 celebran a súa segunda edición. Ao ser un mestrado interuniversitario, convócanse dous premios: un para os alumnos matriculados pola UDC, e outro para os alumnos matriculados pola USC. Cada un dos devanditos premios recibirá un diploma distintivo e unha dotación económica de 500€. O requisito para poder presentarse a este premio foi ler o Traballo Fin de Mestrado no curso 2023/24 cunha nota de sobresaliente ou matrícula de honra.

Os premiados foron:

Rinsai Rossetti (USC)“Automatizing hyperparameter optimization for Machine Learning in PyTorch with evolutionary algorithms”.

Sergio Andrés Estrada (UDC)“Monitoring Tools for LHCb”.

Sergio Andrés Estrada (UDC), Rinsai Rossetti (USC) e Lois Orosa (Director CESGA)

Xurado desta edición:

José Carlos Mouriño Gallego, técnico superior de aplicacións do CESGA.
Juan Ángel Lorenzo del Castillo, Profesor Asociado en CY Cergy Paris Université e codirector da rama High Performance Data Analytics.
Damián Álvarez Mallón, líder do equipo de operacións e desenvolvemento de supercomputadores Exascale no Jülich Supercomputing Centre (JSC).

Os candidatos e os seus traballos son:

Rinsai Rossetti (USC). “Automatizing hyperparameter optimization for Machine Learning in PyTorch with evolutionary algorithms”.
Ángel Aragón Kifute (USC). “Integrating Streaming Processing in an HPC-Big Data Framework for its application in the field of Bioinformatics”.
Sonsoles Berenguela Pérez Jiménez (UDC). “Propuesta de un servicio gestor de recursos para producción remota automática”.
Sergio Andrés Estrada (UDC). “Monitoring Tools for LHCb”.

Premiados, Candidatos e Jurado