EPICOVIGAL: Monitorización xenómica do SARS-CoV-2 en Galicia

GCIENCIA ven de publicar unha reportaxe sobre a colaboración EPICOVIGAL na que participa o CESGA dando soporte computacional aos traballos de análise xenómica das mostras do virus tomadas en Galicia.

No proxecto participan máis de 40 integrantes de 11 equipos dos tres institutos de investigación sanitaria de Galicia (INIBIC, IDIS e IISGS), dos sete servizos de Microbioloxía dos centros hospitalarios de referencia das sete áreas sanitarias do Sergas, incluíndo ademais aos tres centros singulares de investigación da Xunta, ás tres universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).

Segundo informa GCIENCIA, tras a recollida de máis de 2300 mostras de ARN do virus de toda Galicia, o proxecto Epicovigal entra na súa segunda fase, a de traballar no seu obxectivo principal, que é a monitoraxe xenómica da pandemia en Galicia, “o que permitirá entender que está a pasar”, explicou o responsable do Laboratorio de Filoxenómica da UVigo e coordinador do proxecto, David Posada. Asi mesmo, ata decembro, cando o proxecto rematará, as investigadoras e investigadores que participan no proxecto secuenciarán as mostras xa recollidas para entender que ocorreu: cando e como entrou o virus en Galicia, como circulou en cada momento dadas as medidas sanitarias, etc.

Destaca tamén GCIENCIA que os grupos de investigadores e facultativos que integran EPICOVIGAL están preparados para secuenciar o xenoma completo do SARS-CoV-2 en Galicia.

EPICOVIGAL está financiado por:

  • FONDO SUPERA COVID-19 (Crue Universidades Españolas, Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e Banco Santander)
  • AXUDAS DO PROGRAMA TRASLACIONA.COVID-19. REFORZO DA INVESTIGACIÓN SANITARIA DE GALICIA (ACIS-SERGAS-Xunta de Galicia)

Enlaces:

Acceda aquí a reportaxe publicada por GCIENCIA:

https://www.gciencia.com/saude/epicovigal-inicia-a-monitoraxe-xenomica-da-pandemia-en-galicia/

Acceda aquí a web da colaboración EPICOVIGAL:

http://epicovigal.webs7.uvigo.es/