CESGA participa no proxecto  NEASQC (NExt ApplicationS of Quantum Computing) que axunta a expertos académicos e a usuarios finais industriais para investigar e desenvolver novas aplicacións capaces de explotar as tecnoloxías cuánticas e que poderán beneficiarse de sistemas NISQ (Noise Intermediate-Scale Quantum) nun futuro próximo. O proxecto NEASQC está dirixido por casos de uso e aborda problemas tales como o descubrimento de fármacos, a captura de CO2, a xestión enerxética intelixente, o procesamento de linguaxe natural, a detección do cancro de mama, a avaliación  probabilística de riscos para infraestruturas enerxéticas ou a optimización de pozos de hidrocarburos.

NEASQC ten a ambición de iniciar unha comunidade europea contorna á computación  cuántica  NISQ provendo un conxunto de ferramentas comúns que atraerá novos usuarios industriais.

Para comprender mellor os obxectivos, desde  NEASQC producimos un vídeo e un folleto explicativo que podes consultar aquí.

 

Descarga aquí o folleto explicativo:

https://www.neasqc.eu/wp- content/ uploads/2021/11/ NEASQC- brochure_20211029_ LD.pdf