CESGA dá soporte á actividade do nodo en Galicia da comunidade de mozos investigadores en bioinformática e bioloxía computacional RSG-Spain.

Interesadx na bioloxía computacional e/o bioinformática? Coñece RSG-Spain!

Es o/a únicx bioinformáticx ou biólogx computacional do teu grupo? Gustaríache ampliar a túa rede de contactos e con sorte, atopar axuda para un problema que tes entre mans? Estás interesadx nalgún destes dous campos e non sabes como empezar?
Se respondiches afirmativamente a algunha destas preguntas, RSG-Spain poida que sexa a túa solución!

Pero… Que é RSG-Spain?

RSG-Spain é unha comunidade voluntaria e sen ánimo de lucro de estudantes e mozos investigadores que se dedican á bioinformática e a bioloxía computacional do territorio español. Conta co apoio da SEBiBC (Sociedade Española de BioInformática e Bioloxía Computacional) e a ISBC (International Society for Computational Biology).
Co obxectivo de organizarnos mellor, dividímonos en nodos en función da nosa proximidade xeográfica.
Actualmente temos 6 nodos activos: Madrid, Selecta, Valencia, Euskadi, Canarias e Galicia.

Desde RSG organizamos actividades tales como simposios anuais, talleres e cursos, divulgación en redes sociais, fomentamos a creación de redes de contactos, e do desenvolvemento profesional e a colaboración entre investigadores. Estas actividades están abertas a todo o mundo, anunciámolas a través das nosas redes sociais, por correo electrónico e por Slack. As actividades organízanse tanto a nivel local como a nivel nacional e internacional.

Non estou segurx se realmente pertenzo a este “mundo” e/o podo unirme a RSG-Spain… Que campos inclúe?

RSG-Spain quere na súa comunidade a todos os profesionais que empreguen a informática para abordar problemas de índole biolóxica ou con aplicacións en bioloxía.
Entendemos a bioinformática e a bioloxía computacional, como unha disciplina que reúne a diversos grupos de traballo en ciencia de datos, estatística, análise de ómicas, bioloxía de sistemas, evolución, estrutura de biomoléculas, agricultura, informática médica, análise de imaxe, machine learning e intelixencia artificial, entre tantos campos profesionais relacionados.

Valoramos e promovemos a diversidade de perspectivas e experiencias na nosa comunidade, convidando a profesionais de todas as orixes e características a participar activamente neste intercambio multidisciplinario.

Cómo che podes unir?

É gratis! e é tan simple como encher 1 formulario.
https://www.rsg-spain.iscbsc.org/unete-join-us/

*Nota: Se decides encher o formulario (e envialo), debes saber que non aparecerá unha notificación/pop up mostrando un “envío realizado con éxito” ou similares. Tampouco recibirás un email, polo menos, de momento, xa que o envío de emails de benvida lévao o equipo de xestión de membros de RSG e non é instantáneo. Con todo, non debes preocuparche, xa que o recibirás igualmente, pero días máis tarde.

Se estiveses interesadx en formar parte da comunidade agora mesmo, organizar ou promover actividades, así como decatarche de primeira man das nosas publicacións, podes unirche á canle de Slack que aparece xusto abaixo.

Onde nos podes atopar?

● Na nosa páxina web: https://www.rsg-spain.iscbsc.org/
● En Slack: rsg-spain.slack.com
● En Instagram: @rsg_spain
● En Twitter: @RSGSpain
● En YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCfB9CzdOBsrMuLcZru_eHGw/
● En Facebook: rsgspain
● En LinkedIN: rsg-spain

Así mesmo, se tes calquera consulta podes contactar connosco a través do seguinte correo electrónico: rsgspain@gmail.com