O próximo 11 de novembro terá lugar o evento gratuíto “Introdución ao traballo con nubes de puntos e técnicas de IA (Machine Learning e Deep Learning) e Hackathon con VirtuaLearn3D (VL3D)”.
A conferencia desenvólvese no marco do proxecto europeo EuroCC2, un dos seus obxectivos é o fomento do uso de HPC e IA por parte das empresas. O evento está organizado por CESGA, CiTIUS, IMASGAL e CATALLACTICAL e terá lugar no CESGA o luns 11 de novembro de 2024.
A xornada está dirixida a empresas que polo seu traballo no campo da enxeñería, os SIG e outras áreas onde traballar con nubes de puntos pode achegar valor, estean interesadas en coñecer as posibilidades destas técnicas. Doutra banda, presentarase a ferramenta VL3D, capaz de obter resultados de alta precisión mediante a aplicación de técnicas de IA.
A xornada tenrá duas partes:
Parte formativa: Nesta primeira parte pódese participar de forma en liña ou presencial. Está dirixida ao persoal directivo e técnicos de empresas do sector, para que coñezan as posibilidades de traballo que ofrece o procesamento de nubes de puntos e o uso de VL3D en particular.
Parte técnica: Nesta segunda parte pódese participar en modalidade presencial. Será unha parte máis técnica e consistirá nun Hackathon onde os técnicos de empresas poderán traballar con VL3D para resolver retos específicos que se implementarán in situ na infraestrutura de CESGA. O primeiro bloque realizarase con Machine Learning e o segundo con Deep Learning, poñendo ao dispor dos asistentes o equipamento necesario.