
Dúas investigadoras do CESGA participarán esta semana na acción promovida pola USC no marco do convenio de colaboración co Concello de Santiago de Compostela, en materia de igualdade de xénero e promoción das actividades STEM (Science Technology Engineering Maths) entre escolares composteláns.
A actividade proposta polo CESGA será “Falando cos superordenadores”, e estará a cargo de Natalia Costas e Mª José R. Malmierca. Na mesma, de forma lúdica e práctica, levaranse a cabo varias experiencias de uso da programación básica e a súa interacción con microcontroladores e diversos compoñentes externos.
Esta actividade enmárcase dentro das accións que leva o CESGA ao longo do ano no marco do seu Plan de Igualdade.