O proxecto desenvolverá contidos prácticos sobre Internet das cousas (IoT), conectividade 5G, Intelixencia Artificial, Big Data e Blockchain entre outras tecnoloxías.
Os pasados 10 e 11 de xaneiro, persoal do departamento de e-learning do Cesga participou na universidade de Liubliana, Eslovenia, na reunión de comezo do proxecto educativo europeo Erasmus+ Fablabs – Developing competences on the Internet of Things through digital fabrication laboratories (Desenvolvemento de competencias na Internet das Cousas a través de Laboratorios de Fabricación Dixital).
Este proxecto ten como obxectivo o deseño e desenvolvemento de diversos tipos de propostas e materiais formativos para dar soporte a usuarios de Laboratorios de Fabricación Dixital (coñecidos coma Fablabs) así como facilitar estes recursos a titores e profesores de universidade e último curso de secundaria para promover o seu uso e orientación académica e laboral futura, centrándose en tecnoloxías e recursos avanzados, como a Internet das cousas (IOT), conetividade 5G, Intelixencia Artificial, Big Data e Blockchain entre outras.
Unha vez creados ditos contidos, serán validados nunha serie de cursos piloto, con modalidade híbrida (ou blended) onde se comprobará a adecuación dos mesmos así como da metodoloxía de traballo deseñada para polos en práctica. Finalmente, os resultados estarán accesibles para todas as institucións interesadas en forma dun ToolKit de material didáctico aberto para o profesorado.
Dentro deste proxecto, o rol do Cesga céntrase no deseño de materiales de aprendizaxe relacionados con Intelixencia Artificial e Bigdata, e no deseño e publicación do Toolkit de material didáctico, ademáis de prestar apoio nas fases de análise do estado da arte sobre o IoT e nos cursos de proba para comprobar a utilidade, pertinencia e efectividade dos materiales deseñados polo consorcio europeo do proxecto.
O proxecto FabLabs ten una duración de 3 anos e está liderado pola Universidade de Liubliana. Participan, dende Galicia, o CESGA e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Ademáis, conta con socios portugueses (O Centro de Apoio Tecnolóxico á Industria Metalomecánica de Porto), alemáns (o Instituto de Producción e Loxística da Universidade de Bremen), e italianos (a área de Transferencia Tecnolóxica e Innovación da Cámara da rexión de Venecia).