Mapas CesgaObradoiro gratuito: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

O Cesga organiza, co CPI O Cruce, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da USC, un obradoiro práctico de nivel básico o día 9 de xullo dirixido a docentes e persoas relacionadas co ensino, cos seguintes contidos:

  • Introdución ao SIX (Sistemas de Información Xeográfica): mapas, estándares, etc.
  • Os dispositivos móbiles e as súas capacidades de localización e captura de datos
  • A app educativa gratuita de PhenoloGIT (www.phenologit.org) e o servidor de mapas (http://maps.phenologit.org) : recollida en tempo real de datos sobre especies naturais por parte de estudantes
  • Análise e filtrado da información recollida para o traballo na aula
  • Aplicacións e exemplos de actividades a desenvolver na aula cos datos obtidos
  • As ferramentas de uso para a aula: creación e xestión de contas de alumnado e profesorado
  • Posibilidades avanzadas. O uso de software libre de análise: QGis

O obradoiro terá 2:30 horas de duración, e haberá 2 quendas de 15 plazas cada una (9:00-11:30 e 12:00-2:30) polo que é necesario rexistrarse enviando un email a e-learning@cesga.es

Toda a información sobre o obradoiro pode descargarse nesta ligazón.