Posto: Técnico/a superior de proxecto ESPLAG

Referencia: ESPLAG-24-TSP1

Resumo:

O proxecto Innovative Algorithms for Applications on European Exaescale Supercomputares (Inno4scale) está financiado pola Unión Europea dentro do programa Horizon Europe, a través da European High-Performance Computing Joint Undertaking (JU), con Grant Agreement 01118139. Este proxecto está coordinado polo Barcelona Supercomputing Centre – Centro Nacional de Supercomputación (BSC-CNS).

Este proxecto lanzou unha convocatoria de sub-proxectos, chamada 2023 Call for Inno4scale Innovation Studies (Inno4scale Call-2023). O proxecto Enabling SParse training of LLMs on GPUs (ESPLAG) foi escollido para ser financiado por esa convocatoria como terceira parte, xunto coa Universidade de A Coruña.

Buscamos un Técnico Superior para a Área de Aplicacións e Proxectos do CESGA. A súa función principal será dar soporte á a realización deste proxecto xunto cos nosos socios na Universidade da Coruña, despregando e optimizando para a súa execución no Finisterrae III e os seus GPUs, os algoritmos que se vaian desenvolvendo e as súas correspondentes melloras.

Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 11 meses.

Salario bruto anual para este posto: 31.700,48 €

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada #de acordo con as túas necesidades.

Información do Proxecto Inno4scale

Requisitos mínimos do candidato/a:

Nivel 3 (Grao + Máster Oficial) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido en el Real Decreto 1027/2011 de 15 de xullo, nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Informática, Física, Matemáticas ou Enxeñería de Telecomunicacións ou Industriais.
Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.

Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para valorar os méritos debe achegarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.

Documentación do proceso:

15/04/2024: Resultado do proceso de selección
09/04/2024: Puntuación final
05/04/2024: Valoración definitiva de méritos
01/04/2024: Valoración provisional de méritos
01/04/2024: Lista definitiva de personas admitidas e excluidas
20/03/2024: Lista provisional de persoas admitidas e excluidas


Publicado: 06/03/2024

Anuncio DOG, 06 de marzo 2024
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de méritos (.odt)
Modelo de declaración responsable de méritos (.docx)
Modelo de declaración responsable de méritos (.odt)

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltenos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.