Posto: Técnico/a de proxecto FabLab, para titulacións: Ciclo Superior DAM, DAW ou equivalentes anteriores.

Referencias: FabLabs-23-TP1

Resumo:

Buscamos un/ha técnico/a para colaborar no desenvolvemento e implementación das actividades do proxecto europeo de I+D+i denominado FabLabs  (Developing competences on the Internet of Things through dixital fabrication laboratories) na área de e-learning do CESGA. O seu obxectivo principal é o desenvolvemento de metodoloxías e material formativo  en formato mixto (blended learning) de apoio en tecnoloxías como IA/Big Data IoT, 5G, ou Blockchain para a súa utilización en laboratorios de fabricación (FabLabs), a nivel universitario e de educación secundaria. O labor do CESGA neste proxecto implica tamén a elaboración dun toolkit dixital, así como diversas accións de formación e difusión.

Traballarás integrado/a nun pequeno equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área de tecnoloxía educativa, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 26 meses. O salario bruto anual aproximado é de 22.800€.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  • Ser técnico/a superior DAM, DAW ou equivalentes plans anteriores
  • Demostrar coñecementos de inglés intermedio (polo menos un B1)
  • Coñecemento de galego (B2)
  • Tamén se valorarán outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES

Documentación do proceso:

01/08/2023: Resultado do proceso de selección
26/07/2023: Puntuación final
24/07/2023: Valoración definitiva de méritos
18/07/2023: Valoración provisional de méritos
18/07/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
14/07/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos


03/07/2023:

Anuncio DOG, 3 de xullo 2023
Bases da convocatoria
Modelo de solicitud
Modelo de datos personales
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos

Si tienes cualquier pregunta o duda, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal