Posto: Técnico/a coordinador/a de proxecto “FORTISSIMO PLUS”

Referencia: FFPLUS-24-TCP1

Resumo:

O proxecto FFplus (Fortissimo Plus) está financiado pola European High-Performance Computing Joint Undertaking (JU) con grant agreement Nº 101163317. A JU está financiada polo programa Dixital Europe. O consorcio FFplus está formado por 7 organizacións expertas en HPC (empresas, centros HPC e universidades) con anos de experiencia traballando coa industria e as PEMES, a través de varios proxectos de I+D da UE. O proxecto está coordinado polo HLRS, Centro de Supercomputación alemán.

O proxecto FFplus promove a innovación e a competitividade na industria, especialmente para as PEMES, facilitando o acceso a tecnoloxías de vangarda como a computación de altas prestacións (HPC)e a intelixencia artificial (IA).

O obxectivo deste proxecto, FFplus, é proporcionar ás empresas (PEMES e ás empresas emerxentes) os recursos e o apoio que necesitan para probar novas aplicacións de HPC e intelixencia artificial (IA). O proxecto ten a súa base no éxito dos seus proxectos predecesores Fortissimo, Fortissimo2 e FF4EuroHPC.

O traballo do proxecto está enfocado ao soporte, monitorización, seguimento e control dos experimentos e estudos de innovación xurdidos das Calls internas do proxecto (6 en total, 3 de HPC e 3 de IA). En total espéranse máis de 50 experimentos.

Esta praza está orientada a unha persoa con experiencia en xestión de proxectos de I+D+ europeos, coñecementos e/o experiencia en HPC e/o IA e bo dominio do inglés.

O traballo farase en coordinación con outros socios do proxecto.

A persoa contratada traballará nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas. O equipo de traballo do proxecto onde se integrarán está composto por 2 persoas dedicadas a tempo completo ao proxecto. Ademais, colabora con outros grupos nacionais e internacionais no campo e terá acceso directo á infraestrutura de computación do CESGA (Finisterrae III, contorna Cloud, plataforma de Big Data).

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 40 meses.

Salario: 34.251,28 euros brutos anuais.

Documentación do proceso:

22/11/2024: Resultado do proceso de selección
07/11/2024: Puntuación final
31/10/2024: Valoración definitiva de méritos
17/10/2024: Valoración provisional de méritos
15/10/2024: Lista definitiva de persoas admitidas e excluidas
10/10/2024: Lista provisional de persoas admitidas e excluidas


Publicado: 26/09/2024

Anuncio DOG, 26 de setembro 2024
Bases da convocatoria (.pdf)

Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de datos persoais (.docx)
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de declaración responsable de méritos (.docx)

Modelo de solicitude (.odt)
Modelo de datos persoais (.odt)
Modelo de méritos (.odt)
Modelo de declaración responsable de méritos (.odt)

Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal