Posto: Técnico/a superior de proxecto SINFONIA.
Referencias: SINFONIA-20-TSP1
Resumo:
Buscamos un/a técnico/a superior para colaborar no desenvolvemento e implementación das actividades do proxecto europeo de I+D+i denominado SINFONIA (Radiation risk appraisal for detrimental effects from medical exposure during management of patients with lymphoma or brain tumour) na área de Aplicacións e Proxectos do CESGA. O obxectivo principal do proxecto é desenvolver novas metodoloxías e ferramentas que proporcionen unha avaliación integral do risco dos efectos prexudiciais da exposición á radiación en pacientes, traballadores, coidadores e o público en xeral así como o medio ambiente durante o tratamento de pacientes sospeitosos ou diagnosticados con linfomas e tumores cerebrais. O labor do CESGA neste proxecto implica o desenvolvemento e mantemento dun repositorio para almacenar todos os datos do proxecto (DICOM e non DICOM) e integración dos algoritmos de IA. Pero dado que xa van 3 anos de proxecto, a principal tarefa do CESGA para esta fase final do proxecto é integrar os algoritmos dos socios e os seus pipelines de inferencia coas fontes de datos do repositorio e a mellora da frontal web do repositorio actualmente despregado.
Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 12 meses.
Salario: 31.394,16 euros brutos anuais distribuidos en 14 pagas (12 mensuais+2 extras en xuño e decembro).
O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.
Información do proxecto: Proxecto SINFONIA
Requisitos mínimos do/a candidato/a:
- – Algunha das seguintes titulacións: Licenciatura ou Enxeñería en Informática, Licenciatura en Física, Licenciatura en Matemáticas, Industriais ou Enxeñería Superior en Telecomunicacións.
- – Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo, nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Informática, Física, Matemáticas ou Telecomunicacións. Titulacións equivalentes de plans anteriores.
- – Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
- – Coñecemento de galego.
Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para valorar os méritos debe achegarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.
Documentación do proceso:
28/08/2023: Resultado do proceso de selección
09/08/2023: Puntuación final
08/08/2023: Valoración definitiva de méritos
02/08/2023: Valoración provisional de méritos
01/08/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
28/07/2023: Lista provisional admitidos e excluidos
03/07/2023:
Anuncio DOG, 13 de xullo 2023
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos personais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos
Se tes calquera pregunta o dúdida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal