Posto: Técnico/a Superior de Proxecto “COPERNICUS MARINE” no CESGA.

Referencias: COPERNICUS-23-TSP1

Resumo:

O proxecto COPERNICUS MARINE – PRODUCTION – PROVISION OF OCEAN MONITORING AND FORECASTING PRODUCTS “Monitoring and Forecasting Centres” (MFC) (21002L6-COP-MFC-IBI-5600 LOT Nº 6) foi adxudicado á empresa NOLOGIN co número de pedido 13242 e para a súa realización subcontrata os servizos do CESGA de cálculo computacional, almacenamento e soporte para a execución dos modelos de predición da zona IBI-MFC . O proxecto está financiado pola Comisión Europea, por medio do programa Copernico, e forma parte do “Copernicus Marine Service (2021-2027)”.

Mercator Ocean International financia este contrato por medio de fondos europeos (Reglamento UE 2021/696 del Parlamento Europeo y del Consejo de 28 de abril de 2021 por el que se crean el Programa Espacial de la Unión y la Agencia de la Unión Europea para el Programa Espacial).

O obxectivo principal é a prestación dos servizos correspondentes ao cálculo computacional e o almacenamento no proxecto COPERNICUS MARINE.

O papel do CESGA no proxecto COPERNICUS MARINE inclúe a utilización do supercomputador Finisterrae III e os sistemas de almacenamento, e un soporte dedicado avanzado de ata 60 horas ao mes.

Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 14 meses.

Salario: 31.547,30 euros brutos anuais.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  1. Algunha das seguintes titulacións:
    • Licenciatura ou Enxeñería en Informática, Licenciado/a en Física, Licenciado/a en Matemáticas, Industriais ou Enxeñería Superior en Telecomunicacións.
    • Nivel 3 (Grao e Máster Oficial) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo, nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Física, Matemáticas, Informática, Industriais ou Telecomunicacións. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, e de máster universitario, ou equivalente, tendo superadas, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destes dous ensinos.
  2. Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
  3. Coñecemento de galego, ou compromiso de aprendelo coa nosa axuda e soporte.

Documentación do proceso:

06/02/2024: Resultado do proceso de selección
24/01/2024: Puntuación final
23/01/2024: Valoración definitiva de méritos
18/01/2024: Valoración provisional de méritos
17/01/2024: Lista definitiva de admitidos e excluidos
10/01/2024: Lista provisional de admitidos e excluidos

Publicado: 11/12/2023
Anuncio DOG, 11 de decembro 2023
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos

Se tes calquera pregunta o dúdida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.