Posto: Técnico/a superior de proxecto “Quantum Enia”

Referencia: QUANTUMSPAIN-23-TSP1

Resumo:

O proxecto QUANTUM ENIA é financiado pola SECRETARIA DE ESTADO DE DIGITALIZACIÓN E INTELIGENCIA ARTIFICIAL no marco da AGENDA ESPAÑA DIGITAL 2025 e do PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN Y RESILIENCIA a raíz do Real Decreto 936/2021, de 26 outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención a varios centros da REDE ESPAÑOLA DE SUPERCOMPUTACIÓN (RES).

O traballo estará enfocado ao despregue da Computación Cuántica en España, dando soporte aos usuarios da RES que desexan desenvolver novas funcionalidades e aplicacións neste campo, monitorizando a evolución desta tecnoloxía e axudando ao despregue de infraestrutura e ao desenvolvemento desta tecnoloxía en España. O traballo farase en coordinación con outros centros da Rede Española de Supercomputación, para crear unha comunidade única de soporte sobre computación cuántica.

O consorcio para a execución do proxecto Quantum ENIA (tamén coñecido como Quantum Spain), está entrando nunha fase diferente de integración de infraestruturas e de maior actividade de soporte e desenvolvemento debido á selección do computador cuántico do proxecto a despregar no BSC, á selección da linguaxe de programación Qibo, á demanda de simuladores de computación cuántica paralela e ao despregue do computador cuántico do CESGA que pode ser integrado na infraestrutura da Rede Española de Supercomputación (RES).

Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.

Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 6 meses.

Salario: 31.547,30 euros brutos anuais.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  1. Algunha das seguintes titulacións:
  2. Nivel 3 (Grao e Máster Oficial) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo.
    • Tanto o grao como o máster deberán estar adscritos nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Ciencias da Terra, Física e astronomía. Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicación. Enxeñería industrial, enxeñería mecánica enxeñería automática, enxeñería da organización industrial e enxeñería da navegación. Enxeñería informática e de sistemas. Enxeñería química, enxeñería dos materiais e enxeñería do medio natural. Matemáticas e estatística, Química.
    • Transitoriamente, para titulacións non adaptadas ao novo marco, serán válidas aquelas adscritas a algunha das seguintes ramas do coñecemento, segundo ou Real Decreto 1393/2007 : Ciencias, Enxeñería e Arquitectura.
  3. Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
  4. Coñecemento de galego, ou compromiso de aprendelo coa nosa axuda e soporte.

Documentación do proceso:

31/01/2024: Resultado do proceso de selección
24/01/2024: Puntuación final
23/01/2024: Valoración definitiva de méritos
18/01/2024: Valoración provisional de méritos
17/01/2024: Lista definitiva de admitidos e excluidos
10/01/2024: Lista provisional de admitidos e excluidos

Publicado: 11/12/2023
Anuncio DOG, 11 de decembro 2023
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable de méritos

Se tes calquer pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.