Posto: Técnico/a coodinador/a de investigación
Referencia: FNS-24-TCINV1
CESGA busca unha persoa con ampla experiencia na aplicación das técnicas de Intelixencia Artificial no sector industrial para modelización e control de procesos. Buscamos un titulado superior, preferiblemente doutor, nas áreas relacionadas coas Ciencias e a Enxeñería, onde terá que coordinar equipos de traballo multidisciplinares e multiorganización. Deberá poder modelizar os procesos físicos de fabricación tanto desde o punto de vista da Física como utilizando técnicas de Deep Learning a partir de series temporais multivariantes. Integrarase no programa de investigación de Intelixencia Artificial e Ciencia de Datos.
Requisitos mínimos dos candidatos:
- Algunha das seguintes titulacións: Nivel 3 (Grao + Máster) segundo o Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior contido no Real Decreto 1027/2011, de 15 de xullo. Deben estar en posesión de títulos oficiais, ou equivalentes, e de máster universitario, ou equivalente, superando, polo menos, 300 créditos ECTS na combinación destes dous ensinos (ver as condicións específicas nas bases).
- Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
- Coñecemento de galego.
Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para valorar os méritos debe achegarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.
Salario: 33.579,56 euros brutos anuais.
Documentación do proceso:
04/06/2024: Resultado do proceso de selección
29/05/2024: Puntuación final
27/05/2024: Valoración definitiva de méritos
21/05/2024: Valoración provisional de méritos
13/05/2024: Lista definitiva de persoas admitidas e excluidas
06/05/2024: Lista provisional de persoas admitidas e excluidas
Publicado: 23/04/2024
Anuncio DOG, 23 de abril de 2024
Bases da convocatoria (.pdf)
Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de datos persoais (.docx)
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de declaración responsable de méritos (.docx)
Modelo de proposta de investigación (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)
Modelo de datos persoais (.odt)
Modelo de méritos (.odt)
Modelo de declaración responsable de méritos (.odt)
Modelo de proposta de investigación (.odt)
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal