Posto: Técnico/a de proxecto “Quantum Enia”
Referencia: QUANTUMSPAIN-24-TP1
Referencia: QUANTUMSPAIN-24-TP2
Resumo:
O proxecto QUANTUM ENIA (coñecido como QuantumSpain) é financiado pola SECRETARIA DE ESTADO DE DIXITALIZACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIAL no marco da AXENDA ESPAÑA DIXITAL 2025 e do PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA por mor do Real Decreto 936/2021, de 26 outubro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención a varios centros da REDE ESPAÑOLA DE SUPERCOMPUTACIÓN (RES).
O traballo do proxecto está enfocado ao despregamento da Computación Cuántica en España, dando soporte aos usuarios da Rede Española de Supercomputación que desexan desenvolver novas funcionalidades e aplicacións neste campo da Computación Cuántica. Esta praza está orientada ao despregamento e mellora dun ou varios emuladores de computación cuántica distribuída, baixo a supervisión e dirección do responsable do proxecto no CESGA. O obxectivo é configurar un equipo de traballo multidisciplinar con experiencia ou formación en Computación Cuántica ou Computación Paralela distribuída en contornas HPC. Despregarase unha contorna que permita a realización de computación cuántica distribuída sen comunicacións cuánticas, e un segundo que inclúa as comunicacións cuánticas. Será necesario avaliar a escalabilidade da solución e identificar os puntos débiles das solucións (e no seu caso, desenvolver as solucións). O traballo realizado podería publicarse en revistas de referencia internacional ou presentarse en congresos internacionais, publicación aos que tamén terían que contribuír.
Estas prazas están orientada a unha persoas con coñecementos ou experiencia en computación de altas prestacións, xa que deberían ter coñecemento en técnicas de paralelización, sendo desexable que teñan coñecementos e experiencia en computación cuántica. O traballo realizado podería ser utilizado para redactar e presentar proxectos de Fin de Máster ou servir como punto de partida para realizar unha tese doutoral no campo, existindo a posibilidade de solicitar financiamento adicional para realizar a tese doutoral ou axudas posdoctorales sobre o tema (non cubertas por este contrato).
O traballo farase en coordinación con outros centros da Rede Española de Supercomputación, para crear unha comunidade única de soporte sobre computación cuántica.
O consorcio para a execución do proxecto Quantum ENIA (tamén coñecido como Quantum Spain), está a entrar nunha fase diferente de integración de infraestruturas e de maior actividade de soporte e desenvolvemento debido ao despregamento do computador cuántico do proxecto no BSC, á selección da linguaxe de programación Qibo, á demanda de simuladores de computación cuántica paralela e ao despregamento do computador cuántico do CESGA que podería estar integrado na infraestrutura da Rede Española de Supercomputación (RES). Ademais, poderás colaborar no desenvolvemento da plataforma e contidos da iniciativa TalentQ (https://www.talentq.es/), lanzada por este proxecto.
As persoas contratadas traballarán nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas. O equipo de investigación de computación cuántica do CESGA onde se integrarán está composto por 7 persoas dedicadas a tempo completo a computación cuántica, máis outras dúas en comunicacións cuánticas. Ademais, colabora con outros grupos nacionais e internacionais no campo. Terán acceso directo á infraestrutura de computación do CESGA (Finisterrae III, contorna Cloud, plataforma de Big Data) e de computación cuántica. Esta última está composta por un computador cuántico de 32 cúbits (o primeiro integrado cun sistema HPC en Europa), unha agrupación industrial de HPC dedicado ao desenvolvemento de solucións cuánticas e cuántico inspiradas, e un emulador baseado en mpiQULACS.
Ofrécese un contrato temporal a tempo completo durante aproximadamente 17 meses.
Salario: 25.514,58 euros brutos anuais.
Documentación do proceso:
03/09/2024: Resultado do proceso de selección
30/08/2024: Puntuación final
27/08/2024: Valoración definitiva de méritos
30/07/2024: Valoración provisional de méritos
30/07/2024: Lista definitiva de persoas admitidas e excluidas
23/07/2024: Lista provisional de persoas admitidas e excluidas
Publicado: 08/07/2024
Anuncio DOG, 08 de xullo 2024
Bases da convocatoria (.pdf)
Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de datos persoais (.docx)
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)
Modelo de datos persoais (.odt)
Modelo de méritos (.odt)
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal
A Fundación CESGA comprométese, no establecemento e desenvolvemento de políticas que integren a igualdade de trato e oportunidades entre mulleres e homes, sen discriminar directa ou indirectamente por razón de sexo, así como no impulso e fomento de medidas para conseguir a igualdade real no seo da nosa organización, establecendo a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como un principio estratéxico da nosa Política Corporativa e de Recursos Humanos, de acordo coa definición do devandito principio que establece o Decreto Lexislativo 2/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade e o VIII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes 2022-2027.