Resumo:
Buscamos a dúas persoas motivadas e proactivas para colaborar no desenvolvemento e implementación do proxecto Europeo “National Competence Centres in the framework of EuroHPC Phase2 (EuroCC2)” financiado pola Comisión Europea dentro do Programa “DIXITAL-EUROHPC-JU-2022-NCC-01” para o que se asinou o Contrato nº 101101903 entre “European High-Performance Computing Joint Undertaking” (JU) e o coordinador do proxecto Universitaet Stuttgart (USTUTT). No proxecto participan, ademais do coordinador do proxecto, 38 entidades como “beneficiaries” entre as que está o Barcelona Supercomputing Center – Centro Nacional de Supercomputación (BSC) e como partners deste figuran 4 entidades españolas entre as que se atopa o CESGA.
O principal obxectivo deste proxecto é continuar co establecemento e estruturación de centros de competencias en computación de altas prestacións en todos os países de Europa e nel desenvolveranse actividades orientadas a achegar as vantaxes da supercomputación, o BigDATA e a Intelixencia Artificial ás empresas, a Administración pública e a Academia.
A función principal dos/as candidatos/as será colaborar no desenvolvemento de actividades encamiñadas á dinamización de proxectos computacionales avanzados por empresas innovadoras do ecosistema español.
Traballarás integrado/a en un equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área de computación onde valoramos especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas. Poderás aprender e contribuír ao desenvolvemento de ferramentas e actuacións que permitan un mellor aproveitamento da computación de altas prestacións por todos os entes da sociedade, en colaboración con expertos tanto nacionais como europeos dos centros de supercomputación máis relevantes de Europa.
A duración estimada do proxecto é de 36 meses desde a data de inicio, o 1 de xaneiro de 2023.
A Fundación CESGA pon ao dispor deste proxecto a dedicación parcial dun equipo con experiencia en xestión de proxectos e sistemas de computación HPC. O equipo de traballo ten asignadas responsabilidades en varias tarefas do proxecto relacionadas con achegamento das posibilidades da computación HPC ás empresas.
Funcións que desenvolver: as necesarias para a execución do proxecto.
Requisitos mínimos dos/as candidatos/as:
- Titulación: Nivel 3 (Grao + máster oficial) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo, nalgunha das seguintes áreas: Ciencias, Ciencias da saúde, Enxeñería. Ou titulacións equivalentes de plans anteriores.
- Demostrar coñecementos de inglés nivel medio (equivalente a B1).
- Coñecemento de galego (Celga4 ou perfeccionamento).
- Outros requisitos recolleitos no apartado 4 das Bases.
- Valoraranse (non é obrigatorio) outros méritos, descritos no Anexo B do documento das Bases.
Documentación necesaria:
- Modelo de solicitude (Anexo A.1.) cuberto e asinado electronicamente.
- Modelo Datos persoais (Anexo A.2) cuberto e asinado electronicamente.
- Modelo cuberto de valoración de méritos (Anexo B.3) cuberto e asinado electronicamente.
- Copia DNI.
- Copia da titulación requirida.
- Copia do expediente académico.
- Currículo.
- Titulación Inglés, nivel medio B1 (na súa falta farase proba).
- Titulación Gallego, Celga4 ou perfeccionamento (na súa falta farase proba).
Para a documentación asociada á valoración dos méritos (non obrigatorios), ver o Anexo B do documento das Bases de convocatoria.
Documentación do proceso:
04/05/2023: Resultado do proceso de selección
26/04/2023: Puntuación final
24/04/2023: Valoración definitiva de méritos
18/04/2023: Valoración provisional de méritos
13/04/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
05/04/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos
17/03/2023:
- Anuncio DOG, 17 de marzo 2023
- Bases da convocatoria
- Modelo de solicitude
- Modelo de datos persoais
- Modelo de méritos
Se tes calquera pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal