Posto: Técnico/a coordinador/a de proxecto “DATAlife”
Referencia: DATAlife-24-TCP1
Resumo:
Nome do EDIH (European Digital Innovation Hub): Hub de Innovación Dixital para o despregamento de Intelixencia Artificial e Analítica de Datos en Pemes dos sectores primario, biotecnolóxico e sanitario.
DATAlife procura a dispoñibilización de servizos dixitais de alta calidade, centrados nas persoas, no medio no que viven e no seu benestar. Isto conseguirase aumentando a incorporación da IA nas pemes e na administración pública con aplicacións fáciles de usar; creación de espazos de datos colaborativos e federados; facilitar a labor dos/as traballadores/as recuperando datos automaticamente con IoT; seguir sendo competitivo polo uso de HPC e protexendo datos confidenciais coas últimas aplicacións europeas de ciberseguridade.
Buscamos unha Técnico/a Coordinador/a para a Área de Transferencia do CESGA. A súa función principal será coordinar a actividade do proxecto en CESGA e co resto de socios do mesmo, e a investigación e implementación de contornas de Espazos de Datos para os sectores e cadeas de valor ás que se dirixe DATAlife.
Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área das tecnoloxías da información, onde valoramos especialmente a iniciativa, capacidade de traballo en equipo e procura de solucións creativas.
O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, e conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 60% do tempo onde permite flexibilizar a xornada de acordo coas túas necesidades.
Ofrécese un contrato temporal a tempo completo ata decembro de 2025, incluído.
Salario: 34.251,28 euros brutos anuais.
Documentación do proceso:
28/10/2024: Resultado do proceso de selección
22/10/2024: Puntuación final
21/10/2024: Valoración definitiva de méritos
15/10/2024: Valoración provisional de méritos
15/10/2024: Lista definitiva de persoas admitidas e excluidas
08/10/2024: Lista provisional de persoas admitidas e excluidas
Publicado: 25/09/2024
Anuncio DOG, 25 de setembro 2024
Bases da convocatoria (.pdf)
Modelo de solicitude (.docx)
Modelo de datos persoais (.docx)
Modelo de méritos (.docx)
Modelo de declaración responsable de méritos (.docx)
Modelo de solicitude (.odt)
Modelo de datos persoais (.odt)
Modelo de méritos (.odt)
Modelo de declaración responsable de méritos (.odt)
Se tes calquer pregunta ou dúbida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal