Posto: Técnico/a Superior de Proxecto “PLAN COMPLEMENTARIO DE I+D+i – PROGRAMA DE COMUNICACIÓNS CUÁNTICAS” en CESGA.

Referencias: PCCC-23-TSP2, PCCC-23-TSP3, PCCC-23-TSP4

Resumo:
A computación cuántica é un novo paradigma de computación que pode representar un cambio radical para algunhas áreas da ciencia e a técnica, dende a factorización á química computacional. CESGA está a despregar unha infraestrutura de computación e comunicacións para investigación a utilización das tecnoloxías cuánticas, tanto computación como comunicacións. Estes postos de investigación estarán asociados a aproveitar estas capacidades, fundamentalmente a computación, e desenvolver as técnicas necesarias para un futuro de computación cuántica distribuída.
Nesta área de computación cuántica distribuída, as liñas de traballo que están a desenvolverse están relacionadas con:

– Métodos de circuítos cuánticos paramétricos, basicamente en VQE, QML e QAOA. Inclúe a mellora de algoritmos de optimización necesarios para aplicar esta técnica.
– Técnicas de división de circuítos.
– Aplicación de técnicas computacionais cuánticas a sectores estratéxicos.
– Benchmarking de computadores cuánticos e emuladores de computadores cuánticos.

A visión a longo prazo onde o CESGA pretende contribuír móstrase na imaxe. A corto prazo será necesario aproveitar as capacidades paralelas dos sistemas de computación clásica así como poder executar casos de moitos qubits en fragmentos de 32 qubits ou menos, para aproveitar as capacidades despregadas no CESGA.

Información do proxecto: Plan Complementario de Comunicacións Cuánticas (PCCC)

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  1. Algunha das seguintes titulacións:
    1. Licenciado/a ou Enxeñeiro/a en Informática, Licenciado/a en Física, Licenciado/a en Matemáticas, Industriais ou Enxeñeiro Superior en Telecomunicacións.
    2. Nivel 3 (Mestrado Oficial) segundo o Marco Español de cualificacións para a Educación Superior recollido no Real Decreto 1027/2011 do 15 de xullo, nalgunha das seguintes áreas de coñecemento: Física, Matemáticas, Informática, Industriais ou Telecomunicacións. Deberá estar en posesión dos títulos oficiais de grao, ou equivalente, e de mestrado universitario, ou equivalente, tendo superados, polo menos, 300 créditos ECTS no conxunto destas dúas ensinanzas.
  2. Certificación de nivel de inglés equivalente a B1.
  3. Coñecemento de galego, ou compromiso de aprendelo coa nosa axuda e soporte.

Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES. Para que valoren os méritos deben aportarse os documentos xustificativos tal e como se solicitan nas bases.

Documentación necesaria:

Ver documento de Bases, apartado 5)

Documentación do proceso:

19/07/2023: Resultado do proceso de selección
14/07/2023: Puntuación final
12/07/2023: Valoración definitiva de méritos
06/07/2023: Valoración provisional de méritos
05/07/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
30/06/2023: Corrección de erros – Lista provisional de admitidos e excluídos
29/06/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos
14/06/2023: Corrección de erros en C.5 Experiencia práctica


06/06/2023:

Anuncio DOG, 6 de xuño 2023
Bases da convocatoria
Modelo de solicitude
Modelo de datos persoais
Modelo de méritos
Modelo de declaración responsable méritos
Modelo de proposta de investigación

Se tes calquera pregunta ou dubida, por favor consúltanos en emprego@cesga.gal

Plan Complementario de Comunicación Cuántica