Referencias: EKT-22-TP1 e EKT-22-TP2

Posto: 2 Técnicos/as de Proxecto EKT, para titulacións: Ciclo Superior ASIR, DAM, DAW ou equivalente

Resumo:

Buscamos dúas persoas motivadas e proactivas para colaborar no desenvolvemento e posta en marcha do proxecto europeo de I+D+i denominado EKT (Educational Knowledge Transfer), na área de e-learning do CESGA. O principal obxectivo do proxecto EKT é mellorar o apoio e a colaboración no proceso de aprendizaxe no período de prácticas dos futuros docentes. A función principal dos candidatos a estes dous postos dentro do CESGA será colaborar no desenvolvemento dunha aplicación móbil, así como na súa integración e mantemento nunha plataforma de traballo por proxectos, que conta cunha implantación de Analítica da Aprendizaxe / Learning Analytics.

Traballarás nun pequeno equipo multidisciplinar e motivador, cunha ampla experiencia na área de tecnoloxía educativa, onde valoramos especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a busca de solucións creativas.

Ofrécese un contrato temporal de aproximadamente 10 meses.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional no ámbito da informática de altas prestacións. O centro conta cunhas condicións laborais atractivas, aposta pola promoción da igualdade de xénero, conta cun réxime de teletraballo opcional ata o 50% do tempo e permite flexibilidade horaria de acordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos do candidato:

  • Ser técnico superior ASIR, DAM, DAW ou plans anteriores equivalentes
  • Demostrar coñecementos de inglés avanzado/intermedio
  • Coñecemento de galego, ou compromiso de aprendelo coa nosa axuda e apoio
  • Tamén se valorarán (pero non obrigatorios) outros requisitos adicionais, descritos no anexo B do documento BASES.

Documentación necesaria:

  • Copia do título esixido
  • Copia do expediente académico
  • Curriculum vitae
  • Nivel de grao de inglés (se non, farase unha proba de nivel básico)
  • Título de galego (ou compromiso de aprendelo)
  • Para a documentación asociada aos requisitos adicionais (non obrigatorios), consulta o detalle no anexo B do documento BASES.

Documentación do proceso:


Se tes algunha dúbida ou dúbida contacta connosco en emprego@cesga.gal

Rexistro pechado