Referencia: EGI-ACE-22-TSP1

Resumo:

Buscamos a un/unha persoa motivada e proactiva para colaborar no desenvolvemento e implementación do proxecto Europeo da área de sistemas do CESGA EGI-ACE (Plataforma de computación avanzada para a ciencia aberta e baseada en datos). O principal obxectivo deste proxecto é capacitar aos investigadores para que colaboren en investigacións con uso intensivo de datos e computación a través de servizos de uso gratuíto. Desde o CESGA levamos participando en proxectos relacionados coa computación distribuída e cloud desde o ano 2001 e estamos recoñecidos a nivel internacional polas nosas contribucións nesta área. A función principal da/o candidata/o será colaborar na administración dos servicios de computación e almacenamento que se integrarán no cloud para a ciencia aberta en Europa.

Traballarás integrado/a nun equipo multidisciplinar e motivador, cunha gran experiencia na área de servizos cloud, onde valoramos especialmente a iniciativa, a capacidade de traballo en equipo e a procura de solucións creativas. Poderás aprender e contribuír ao desenvolvemento do cloud para a ciencia aberta en Europa e sobre tecnoloxías avanzadas de administración de sistemas e programación.

Ofrécese un contrato temporal de aproximadamente 4 meses. Aínda que breve, este contrato permitirache involucrarche nesta liña de actividade, na que o CESGA vén desenvolvendo proxectos complementarios e con gran proxección futura.

O CESGA é unha fundación pública pioneira a nivel nacional na área de computación de altas prestacións. O centro ten unhas condicións laborais atractivas, comprometido coa promoción da igualdade entre xéneros, conta cun réxime de teletraballo opcional de ata o 50% do tempo e permite flexibilizar a xornada dacordo coas túas necesidades.

Requisitos mínimos do/a candidato/a:

  • Licenciatura ou Máster en Física, Informática, Matemáticas ou Telecomunicacións.
  • Experiencia en administración de sistemas en contorna Linux.
  • Titulación de inglés, medio (B1).
  • Titulación de galego.
  • Tamén se valorarán (pero non é obrigatorio) outros requisitos adicionais, descritos no Anexo B do documento BASES.

Documentación necesaria:

  • Copia do título esixido.
  • Copia do expediente académico.
  • Curriculum vitae.
  • Titulación de inglés.
  • Titulación de galego.
  • Para a documentación asociada aos requisitos adicionais (non obrigatorios), consulta o detalle no anexo B do documento BASES.

Documentación do proceso:

07/03/2023: Resultado do proceso de selección
03/03/2023: Puntuación final
01/03/2023: Valoración definitiva de méritos
24/02/2023: Valoración provisional de méritos
23/02/2023: Lista definitiva de admitidos e excluidos
15/02/2023: Lista provisional de admitidos e excluidos


03/02/2023:

Se tes algunha dúbida ou dúbida contacta connosco en emprego@cesga.gal