Os vindeiros 28 e 29 de Maio terá lugar en Santiago de Compostela o 2º encontro anual de usuarios de OpenFOAM de España e Portugal.
Un ano máis FOAM@IBERIA será o punto de encontro da comunidade de usuarios de OpenFOAM na Península Ibérica, para compartir coñecemento e resultados, así como contribuir a difusión de OpenFOAM incluso fora do ámbito da Península. O evento contará con presentacións ofrecidas por prestixiosos expertos en OpenFOAM e presentacións de diferentes casos de usuarios desta aplicación, tanto do ámbito académico como da industria. Os asistentes poderán participar tamén se o desexan (previa inscripción) en cursos de formación de OpenFOAM.
Envío de abstracts aberto ata o 30 de Abril
Máis información e Call for Abstracts: http://www.foam-iberia.eu