O Dixital  Innovation  Hub Industrial de Galicia presenta o 7 de setembro unha sesión sobre oportunidades de financiamento para proxectos de dixitalización centrados na temática de High Performance Computing (Supercomputación) relacionados coa xestión de grandes cantidades de datos.

Esta xornada realízase grazas á participación do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a través dos proxectos EuroCC e FF4EuroHPC dos que é membro. Esta iniciativa busca facilitar o acceso das pemes ás tecnoloxías relacionadas coas altas prestacións, de forma que aumenten o potencial de innovación da industria, é dicir, conectar ás empresas coas tecnoloxías de vangarda.

O evento celebrarase ás 9:30 h a través de Microsoft Teams e está dirixido tanto a pemes manufactureiras que teñan proxectos relacionados con HPC ou tecnoloxías de datos, como a centros de competencias ou empresas TIC que poidan participar nos devanditos proxectos.

Se estás interesado en asistir pódesche rexistrar en neste ligazón.

Axenda:

Supercomputación e empresa: CESGA e  EuroCC – Laura Martínez | CESGA

Oportunidades de financiamento para PEMES en  HPC.  FF4 EuroHPC – Andrés Gómez | CESGA